Os galegos de entre 25 e 34 anos concentran o 93% do recorte de emprego no último ano. Galicia é a segunda autonomía onde máis diminuíu o número de traballadores en 2013.
Fálase
O temor a un voto de "castigo" ante a ausencia de integración empaña o inicio da era Sánchez no PSOE. Madina e Pérez Tapias visualizan a tensión entre os socialistas.
Pedro Sánchez, proclamado novo secretario xeral do PSOE. O novo líder dos socialistas asegura que o seu partido é "o do cambio". Gómez Besteiro, secretario xeral do PSdeG, formará parte da executiva.
O BNG denuncia que Medio Rural ten parados os convenios de prevención de lumes cos concellos malia estar en época de máximo risco. A formación nacionalista presentou varias iniciativas no Parlamento para denunciar esta "neglixencia".
Grave accidente na A8 á altura de Abadín no que se viron implicados medio cento de coches. Unha persoa morreu e hai máis de 20 feridos nun sinistro provocado pola densa néboa.
Rueda avala que o PP aprobe en solitario que goberne a lista máis votada e pide "que se faga canto antes".
O embaixador israelí nos EUA di que o seu país merece o Nobel da Paz pola súa "contención". Critica os medios por non tratar o "terrorismo de Hamas".
GZ Videos publica o vídeo da manifestación do BNG polo Día da Patria.
Jordi Pujol admite que a súa familia mantiña contas en paraísos fiscais desde hai máis de trinta anos. O ex presidente da Generalitat comprométese a comparecer ante instancias xudiciais se fose necesario.
César Luena será o próximo secretario de Organización do PSOE. O líder dos socialistas rioxanos convértese no número dous de Pedro Sánchez.