Jaume Matas entra na cadea. O ex presidente balear ingresa na prisión de Segovia tras ser condenado a nove meses por tráfico de influencias.
Fálase
Beatriz Sestayo optará a ser candidata do PSOE en Ferrol nas municipais. Promete "tolerancia cero" coa corrupción e anuncia un plan "ambicioso e solvente" de emprego para a cidade.
Finaliza sen avances unha nova reunión sobre o conflito de lixo en Lugo. O comité de empresa declárase "pesimista" respecto da posibilidade de lograr un acordo.
O Exército israelí mata dez nenos tras bombardear un parque e un hospital en Gaza. As vítimas palestinas ascenden a 1.045 e 6.200 feridos.
Veciños logran paralizar por segunda vez o desafiuzamento dunha familia en Aríns (Compostela). Activistas de Stop Desahucios e amigos de Carlos e María deteñen o despexo.
Artur Mas ten xa un plan B se Madrid veta a consulta, segundo El Periódico. Convocaría un goberno de concentración e preparará unhas eleccións plebiscitarias para 2016.
Varias persoas intentan deter o desafiuzamento de Carlos e María en Aríns concentrándose ante a súa casa, que ten hoxe unha nova orde de desaloxo. Un forte dispositivo policial despregouse na zona.
Galicia suma ata xullo case 112 millóns de fondos solidarios do Estado sen executar. Mantén desde 2006 partidas pendentes de investir.
Sanidade prorroga en Vigo a entrega do hospital sen penalizar a empresa. Feijóo recoñeceu en 2013 que problemas internos na UTE atrasaban a obra.