Delegados da CIG-Ensino exixen "solución inmediata" ao concurso de traslados e adxudicación de destinos. Demandan a dimisión do conselleiro pola súa irresponsabilidade e o "despropósito" da situación xerada.
Fálase
Un preso de ETA pide perdón polo asesinato de Jauregi e exixe a Sortu que abandone "o seu silencio". Recoñece o "dano causado" e pide desculpas á viúva do ex gobernador civil de Gipuzkoa.
Jordi Pujol renuncia aos seus privilexios como ex president da Generalitat. Deixará de percibir a pensión vitalicia de máis de 82.000 euros anuais e perderá o seu despacho. Acordou con Mas deixar de ser presidente de honor de CDC.
Mondariz-Balneario proxecta vivendas no medio dun xardín histórico. O Concello recualificará terreos orixinarios do Gran Hotel para que a construtora levante os edificios.
Pedro Sánchez e Rajoy tan só coinciden no seu rexeitamento á consulta catalá. Ambos os dous considérana "ilegal" durante a xuntanza mantida onte na Moncloa.
Podemos reafírmase como terceira forza co 13,7% de intención de voto, segundo unha enquisa para eldiario.es. O PP gañaría as eleccións pero perdería máis de dez puntos con respecto ás últimas eleccións xerais.
A Cociña Económica de Ferrol deixa de atender 90 persoas polo atraso na sinatura do convenio co Concello, que anuncia que o firmará esta semana.
Jaume Matas entra na cadea. O ex presidente balear ingresa na prisión de Segovia tras ser condenado a nove meses por tráfico de influencias.
Beatriz Sestayo optará a ser candidata do PSOE en Ferrol nas municipais. Promete "tolerancia cero" coa corrupción e anuncia un plan "ambicioso e solvente" de emprego para a cidade.
Finaliza sen avances unha nova reunión sobre o conflito de lixo en Lugo. O comité de empresa declárase "pesimista" respecto da posibilidade de lograr un acordo.