Francia bótalle a culpa da intoxicación de 70 persoas ao mexillón galego. Pide explicacións a España e emite unha alerta sanitaria.
Fálase
O Sergas nega a un neno de cinco anos un tratamento de 1.800 euros ao semestre. A familia do rapaz pide axuda para afrontar unha doenza de crecemento.
Os continuos vertidos industriais ao río quedan impunes en Ourense. O Barbaña volve sufrir a mortandade masiva de peixes.
Pujol cede á presión e declarará no Parlament pola fraude fiscal. Convergència logra así evitar que se abra unha comisión de investigación.
Os Alvia dispoñen por fin da máxima seguridade un ano despois de Angrois. Xa teñen o ERTMS embarcado, segundo publica La Voz de Galicia.
O alcalde de Santiago, que encabeza un goberno formado na súa maioría por edís non electos, defende que o PP saque adiante a reforma electoral municipal aínda que ninguén máis o apoie. Recólleo Europa Press
#NoEstásSola Está a popularizarse a etiqueta #NoEstásSola en Twitter para amosar o apoio ás múlleres vítimas de violencia sexual e combater as actitudes machistas amosadas nas últimas horas tras as denuncias de violacións dos últimos días.
O Instituto Andaluz da Muller recompila diferentes mostras de violencia machista exercidas a través da tecnoloxía, como o control do teléfono móbil ou das redes sociais. En El Diario
A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica pídelle a Merkel que aproveite a súa viaxe a Compostela para pedir perdón polos crimes da Lexión Cóndor na Guerra Civil española. En El Diario
Anova, Amaiur e Podemos comparten obradoiro na universidade de verán de Izquierda Anticapitalista. Martiño Noriega e Lidia Senra participarán en varios foros en Segovia.