Ruiz-Gallardón concédelle unha entrevista a El País, pero para "falar exclusivamente de rexeneración democrática" e non de asuntos sensibles na súa carteira, como a contrarreforma do aborto ou as protestas na Xustiza.
Fálase
Persoal de TVE denuncia a creación dunha "redacción paralela" de informativos con persoas externas á empresa. Ven intereses "partidistas" do PP nesta manobra, xa executada anteriormente en canles como a desaparecida Canal 9. En El Diario
O Estado reclámalle 24 millóns a Sogama por cobrar de máis nas súas primas por produción eléctrica. Cóntao Faro de Vigo
Os bombeiros forestais do Goberno central, entre eles os de Laza, inician mobilizacións para denunciar as súas condicións laborais. Os membros das Brif, destacan, cobran 900 euros ao mes. Recólleo El País
A TVG e a RTP portuguesa emitirán conxuntamente un programa por primeira vez. Será o vindeiro 6 de setembro dende Ourense, segundo explica a RTVG na súa web
Das 23 persoas xa propostas para a nova Comisión Europea 19 son homes, entre eles Cañete, segundo recompila Europe decides. O belga Le Soir apunta que Juncker podería anular o proceso se non aumentan as propostas de mulleres.
Valmiñor Info recupera unha reportaxe sobre o paso de Julio Cortázar por esa comarca do país. Está asinada por Iago Martínez e David Reinero e foi publicada orixinalmente no desaparecido Xornal de Galicia
Podemos prepara un mecanismo para que os círculos non se presenten ás municipais sen contar coa liña xeral da organización. En El Diario
O Papa culmina a substitución de Rouco Varela como arcebispo de Madrid. Ocupará o seu cargo Carlos Osoro, ata agora responsable do Arcebispado de Valencia. En El Diario
A Xunta teima nas rebaixas de salarios en Galicia como vía para saír da crise, segundo un informe do que dá conta Faro de Vigo