Fálase
- As fins de semana de agosto Praza Pública non se actualiza por descanso do persoal. Lémonos o luns, pasádeo ben!
A CIG leva á sede de PSA en Madrid a protesta polo despedimento de Paco e David, os dous traballadores despedidos de Citroën en Vigo
Anova, EU e Espazo Ecosocialista confirman a súa confluencia para as municipais en Ferrol e aseguran estar abertos á incorporación doutras forzas, segundo sinalou Yolanda Díaz esta mañá.
O PSdeG lamenta "o triunfalismo" do PP a respecto dos datos da violencia machista e esíxenlle á Xunta que "deixe de mirar cara a outro lado" e impulse "un pacto" para loitar contra as agresións de xénero.
O Estado español volve ser líder da UE en desemprego xuvenil. Por primeira vez dende 2011 a taxa de paro entre a mocidade supera á de Grecia, segundo Eurostat. Recólleo El Diario
A Policía Autonómica incauta 400 quilos de ameixa nun operativo contra o furtivismo en Boiro e Mugardos (na imaxe)
O BNG anima a participar na recollida de material sanitario para Gaza que impulsan a asociación Yenin-comunidade palestina e a Fundación Araguaney
Este venres remata o prazo para reservar postos no Culturgal 2014 a prezo reducido
Ruiz-Gallardón concédelle unha entrevista a El País, pero para "falar exclusivamente de rexeneración democrática" e non de asuntos sensibles na súa carteira, como a contrarreforma do aborto ou as protestas na Xustiza.
Persoal de TVE denuncia a creación dunha "redacción paralela" de informativos con persoas externas á empresa. Ven intereses "partidistas" do PP nesta manobra, xa executada anteriormente en canles como a desaparecida Canal 9. En El Diario