O Festival do Social Media de Galicia entregou este sábado en Cangas os seus galardóns, os Premios #MexilOnseTuits, recoñecendo os mellores blogs de moda, turístico, gastronómico, informativo, á mellor campaña online, ou o mellor vídeo viral, que foi para Salvemos Galicia da Megaminaría. Tamén houbo unha mención especial do xurado para Nacho Mirás.
Fálase
Esta mañá xulgan na Coruña as seis persoas detidas durante o desafiuzamento de Elisabeth Sanlés, acusadas de "desobediencia". Stop Desafiuzamentos, que atribúe o acontecido a unha "arroutada dun mando policial" , chama a concentrarse ante os xulgados da coruñesa rúa Monforte dende as 10.
Confírmase que a traballadora infectada por ébola xa dá negativo nos test da enfermidade e o seu marido amosa a intención de "demostrar a gran chapuza da xestión" desta crise sanitaria. Cóntao El Diario
A conselleira de Facenda entrega esta mañá os Orzamentos de 2015 no Parlamento. Toda a información sobre o proxecto de contas públicas, hoxe en Praza.
A investigación do caso Zeta conclúe que autoridades públicas facían "a vista gorda" mentres Gerardo Crespo creaba empresas sen actividade para captar axudas públicas e quedar coa maior parte delas. Cóntao La Opinión de A Coruña
Touriño coida que "un acordo fráxil de partidos non é a alternativa a Feijóo". Sinálao nunha entrevista con El País
O Dépor racha coa mala xeira de resultados e imponse por 3-0 ao Valencia en Riazor.
A conselleira de Sanidade di agora que os servizos de medicina nuclear e radioterapia no Hospital de Lugo chegarán en 2015 e afirma, nunha entrevista na SER, que "nada xustifica" que a sala de hemodinámica funcione as 24 horas. Feijóo prometeu en 2011 a súa instalación inmediata e o PP ralentiza no Parlamento unha ILP para a posta en marcha dos servizos.
O Obradoiro imponse ao Gipuzkoa Basket no Fontes do Sar por 85-69
A ANC e Òmnium Cultural apoiarán a consulta do 9-N se en tres meses a Generalitat convoca eleccións plebiscitarias. Anunciárono na mobilización desta mañá en Barcelona que recolle Vilaweb