A presidenta do PP vasco erixe a Feijóo no seu "modelo", porque a política "do PP para Galicia " é a que "queren a maioría dos vascos", afirmou Arantza Quiroga nun almorzo informativo que recolle Europa Press
Fálase
O Xulgado do Contencioso da Coruña vén de fallar contra a decisión da Xunta de Goberno local de iniciar a reversión gratuíta do antigo cárcere provincial en favor do Concello. O Ministerio, actual propietario, que recoñece non ter interese ningún no edificio e no predio, reclama 1.2 millóns de euros en virtude do convenio asinado en 2005 polo daquela alcalde Francisco Vázquez.
Absoltas as seis persoas que foran detidas durante o desafiuzamento de Elisabeth Sanlés na Coruña en novembro do pasado ano. A xustiza considera que os e as imputadas non opuxeron resistencia á autoridade
Un informe da Fundación 1º de Mayo sitúa os traballadores e traballadoras españois coma as máis pobres de Europa, só superadas polas de Grecia e Romanía. O 12,3% da poboación ocupada vive en fogares por debaixo do nivel de pobreza.
España financiou a ditadura arxentina de Videla en 1976, que meses despois asasinou un mozo galego. Así o acreditan documentos que revela Público.es
A xuíza da Pokémon remite ao Supremo a exposición razoada sobre José Manuel Barreiro. A maxistrada atribúelle un suborno de Véndex ao presidente do PP de Lugo e voceiro conservador no Senado, que el nega.
O Festival do Social Media de Galicia entregou este sábado en Cangas os seus galardóns, os Premios #MexilOnseTuits, recoñecendo os mellores blogs de moda, turístico, gastronómico, informativo, á mellor campaña online, ou o mellor vídeo viral, que foi para Salvemos Galicia da Megaminaría. Tamén houbo unha mención especial do xurado para Nacho Mirás.
Esta mañá xulgan na Coruña as seis persoas detidas durante o desafiuzamento de Elisabeth Sanlés, acusadas de "desobediencia". Stop Desafiuzamentos, que atribúe o acontecido a unha "arroutada dun mando policial" , chama a concentrarse ante os xulgados da coruñesa rúa Monforte dende as 10.
Confírmase que a traballadora infectada por ébola xa dá negativo nos test da enfermidade e o seu marido amosa a intención de "demostrar a gran chapuza da xestión" desta crise sanitaria. Cóntao El Diario
A conselleira de Facenda entrega esta mañá os Orzamentos de 2015 no Parlamento. Toda a información sobre o proxecto de contas públicas, hoxe en Praza.