O xuíz do caso Bárcenas cita como imputado a Ángel Acebes para indagar se quedou con fondos da caixa de diñeiro negro do PP. Cóntao El Diario
Fálase
Xosé Manuel Carril é xulgado esta mañá por opoñerse ao desfiuzamento de Aurelia Rey. O voceiro do BNG na Coruña foi apoiado na entrada dos xulgados por varias persoas, entre elas o portavoz nacional do Bloque, Xavier Vence.
O conselleiro de Cultura, Jesús Vázquez, e a directora da AMTEGA, Mar Pereira, presentaron a nova plataforma de préstamo de libros electrónicos das bibliotecas públicas galegas. A colección en liña GaliciaLe dispón dun catálogo de 1.710 títulos
A Policía atribúelle a Gerardo Crespo un patrimonio de 4 millóns de euros. O presunto líder da trama Zeta mantivo ante a Xustiza que está "arruinado", segundo recolle o xornal ABC
España é o terceiro estado da UE con máis persoas que traballan pero son pobres. Só a superan Romanía e Grecia. Cóntao El Diario
O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, postúlase para substituír a Francisco Caamaño como líder do PSdeG na Coruña, segundo recolle La Voz
O New York Times eloxia nun editorial a "impresionante achega de Cuba" na loita contra o Ébola en África. O texto salienta o despregue de persoal sanitario cubano no continente e critica que a administración estadounidense non faga o mesmo. Así mesmo, insta o Goberno de Obama a "normalizar as relacións" con Cuba
ERC e ICV negocian propostas para "dignificar" o 9-N, despois de que Francesc Homs, portavoz do Goberno catalán, anunciase un acordo coa CUP para a celebración da consulta. Un acordo, con todo, desmentido pola CUP.
A presidenta do PP vasco erixe a Feijóo no seu "modelo", porque a política "do PP para Galicia " é a que "queren a maioría dos vascos", afirmou Arantza Quiroga nun almorzo informativo que recolle Europa Press
O Xulgado do Contencioso da Coruña vén de fallar contra a decisión da Xunta de Goberno local de iniciar a reversión gratuíta do antigo cárcere provincial en favor do Concello. O Ministerio, actual propietario, que recoñece non ter interese ningún no edificio e no predio, reclama 1.2 millóns de euros en virtude do convenio asinado en 2005 polo daquela alcalde Francisco Vázquez.