Centos de alumnos e alumnas mobilizáronse este mércores en Galicia contra a LOMCE baixo o lema "En defensa do ensino público, paremos a reforma franquista"
Fálase
O Consello da Cultura celebra este xoves unha xornada de debate para analizar a situación actual da publicidade en galego. Participarán publicistas, empresarios e expertos no ámbito da comunicación.
A Editorial Galaxia presentará este mércores en Madrid Mar Maior, definida como "a editora da cultura galega no mundo". Será un selo no que se editarán, traducidas a outras linguas, obras de autores e autoras galegas. No evento participarán, entre outros, César Antonio Molina, Ramón Villares, Antón Riveiro Coello, Xulia Alonso e Víctor F. Freixanes
Queremos Galego reclámalle á Xunta medidas efectivas para potenciar o galego e que "retorne ao consenso do PXNL de 2004" coa lectura dun manifesto ao tempo que o Parlamento celebra os dez anos dun Plan que foi incumprido sistematicamente. Foto de @bngcompostela.
As Marchas da Dignidade presentan os actos do vindeiro 29-N, no que varias columnas ocuparán a praza do Obradoiro reclamando "pan, traballo e teito". Máis información, hoxe en Praza. Foto de @PCGalicia.
O Estado entregou cinco millóns en axudas a unha entidade de autónomos sen socios nin actividade. A policía acusa a Administración de "facilitar" que Caype fose considerada unha das organizacións máis representativas.
Esquerda Unida esixe a dimisión de José Luis Iravedra, o conselleiro da TVG imputado polo carrexo de anciáns en Lugo nas autonómicas de 2012. EU actúa como acusación e testemuña neste presunto delito electoral.
O Goberno galego pregúntalle á Xunta Electoral Central pola influencia que terían na configuración das deputacións as unións de concellos. Cóntao La Voz
O tren Ourense-Santiago deixa de ser considerado AVE na revista de Adif tras ser empregada como proba no proceso xudicial de Angrois. Cóntao David Reinero en El País
Teresa Romero supera a infección do ébola tras dar negativo na segunda proba realizada.