Un cento de mozos boicotean a presenza de Núñez Feijóo na USC. Abandonou a Facultade de Matemáticas onde tiña previsto inaugurar unha conferencia. Cóntao La Voz de Galicia.
Fálase
O galego Javier Gómez Noya, Premio Nacional do Deporte 2013. O galardón que entrega o CSD recoñece a traxectoria do triatleta galego.
A Universidade de Vigo terá dobres titulacións con tres universidades portuguesas, en concreto cos centros centros de Tras-os-Montes e Alto Douro e o Politécnico do Porto
Este venres celébrase na Toxa a XIX Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, organizada polo Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, que entregarán os seus galardóns.
A asociación Semente de Monforte recibiu xa 30 ideas no seu concurso de proxectos empresariais. A iniciativa xurdiu en xaneiro a partir do premio da lotaría que deixou 120 millóns de euros na localidade.
Conclúe a primeira fase do proxecto Galicia Alimentación Atlántica, para estudar os beneficios do caldo, grelos, peixe, mexillón ou verzas do país. Na pescuda, conducida por investigadores do CSIC e das universidades de Vigo e Santiago, 135 familias aceptaron seguir durante seis meses a dieta atlántica proposta
Nova Escola Galega publica un novo número do seu voceiro NEG Opina, desta vez centrado no proceso de recortes na educación pública, a implantación da LOMCE e a regresión lingüística.
O paro descendeu en Galicia en 26.000 persoas durante o terceiro trimestre do ano e a poboación con traballo aumentou en 25.800. A poboación activa é agora no país de 1.275.600 persoas, 200 menos que no anterior trimestre. A taxa de desemprego está no 20,25%, 1,37 puntos menos que hai un ano. Toda a información sobre os resultados da EPA, esta mañá en Praza.
As últimas indagacións do xuíz Ruz estenden o presunto financiamento irregular do PP alén da época de Bárcenas como tesoureiro. Analízao El Diario
Gerardo Crespo anotou na súa contabilidade 'B' pagamentos ao PP e a cargos da Xunta. En 2010 Crespo fora acusado polo alcalde de Oleiros de financiar o PP da Coruña a cambio de axudas públicas. Segundo a Policía, houbo cando menos dous concursos da Xunta amañados para que gañase o empresario. Cóntao La Opinión de A Coruña