As Marchas da Dignidade maniféstanse hoxe nos premios Príncipe de Asturias. Case 30 columnas chegadas de todo o Estado percorrerán as rúas de Oviedo.
Fálase
Galicia inscribe un equipo ciclista na UCI á espera dun patrocinador. Pretende participar no pelotón en 2015 e recuperar a formación galega profesional que a Xunta decidiu desfacer en 2010.
Citroën revisará a súa proposta de rebaixa salarial tras a negativa dos sindicatos. PSA prevé modificar algúns puntos do seu plan inicial.
Dúas xefas de Consumo amañaron contratos con Crespo por 123.000 euros. O empresario coruñés pactou as condicións do concurso e tería confesado que Carlos Negreira sabía da operación policial desde hai tempo, malia ser secreta.
Un cento de mozos boicotean a presenza de Núñez Feijóo na USC. Abandonou a Facultade de Matemáticas onde tiña previsto inaugurar unha conferencia. Cóntao La Voz de Galicia.
O galego Javier Gómez Noya, Premio Nacional do Deporte 2013. O galardón que entrega o CSD recoñece a traxectoria do triatleta galego.
A Universidade de Vigo terá dobres titulacións con tres universidades portuguesas, en concreto cos centros centros de Tras-os-Montes e Alto Douro e o Politécnico do Porto
Este venres celébrase na Toxa a XIX Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, organizada polo Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, que entregarán os seus galardóns.
A asociación Semente de Monforte recibiu xa 30 ideas no seu concurso de proxectos empresariais. A iniciativa xurdiu en xaneiro a partir do premio da lotaría que deixou 120 millóns de euros na localidade.
Conclúe a primeira fase do proxecto Galicia Alimentación Atlántica, para estudar os beneficios do caldo, grelos, peixe, mexillón ou verzas do país. Na pescuda, conducida por investigadores do CSIC e das universidades de Vigo e Santiago, 135 familias aceptaron seguir durante seis meses a dieta atlántica proposta