As Marchas da Dignidade maniféstanse xa por Oviedo contra a monarquía e a corrupción co gallo da entrega dos Premios Príncipe de Asturias. Fotografía de @Global_March.
Fálase
Facenda confirma que o PP pagou 750.000 euros en negro só polo baixo de Génova. A Axencia Tributaria tamén detecta "irregularidades" nas facturas da reforma doutros andares.
O Goberno dá o primeiro paso para impugnar a consulta alternativa do 9-N. Encarga informes para recorrela ao Constitucional. Os partidos favorables ao referendo achegan posturas para converter a xornada nunha gran mobilización.
A policía rexistra o autobús das Marchas da Dignidade galegas que se dirixe a Asturias para participar na manifestación co gallo da entrega dos premios Príncipe de Asturias, segundo denuncian varios dos seus integrantes. Foto de @Acesquerdas.
A galega Verónica Boquete, nominada ao Balón de Ouro como mellor futbolista do mundo. Opta ao galardón xunta a outras nove xogadoras.
Organizacións ecoloxistas piden que a Lei de Residuos de Aparatos Eléctricos e Electrónicos, que nestes momentos se debate en España, persiga a obsolescencia programada, dun xeito semellante a como o fai a nova lexislación aprobada en Francia.
A Casa-Museo de Rosalía de Castro acolle este sábado unha homenaxe bravú a Pinto d’Herbón, na que participarán, entre outros, Manuel Rivas e Xurxo Souto. O acto, que leva por título Coroa poética para o Pinto d’Herbón, incluirá a música de Sofía Tarela (Garotas da Ribeira) ou Vituco Neira (Ruxe-ruxe).
O fiscal investiga cargos do PP polos sobrecusto de Pasarón. Louzán e oito dirixentes máis declaran pola obra dun estadio que se encareceu un 150% máis.
As Marchas da Dignidade maniféstanse hoxe nos premios Príncipe de Asturias. Case 30 columnas chegadas de todo o Estado percorrerán as rúas de Oviedo.
Galicia inscribe un equipo ciclista na UCI á espera dun patrocinador. Pretende participar no pelotón en 2015 e recuperar a formación galega profesional que a Xunta decidiu desfacer en 2010.