A cidadanía enviou xa a través de MSF máis cartos para loitar contra o ébola que o propio Goberno. A campaña Stop Ébola, que comezou hai un mes, recadou 750.000 euros en España, mentres que o Executivo destinou 507.000
Fálase
Avogados do colectivo 15MpaRato presentan unha fórmula para que os afectados pola emisión de preferentes de Bankia reciban o seu investimento inicial máis un 4% de interese e recoméndanlles denunciar canto antes
Aznar empregou recursos públicos para os seus negocios privados coa Libia de Gadafi. O ex presidente pactara unha comisión do 1% con Abengoa de todos os contratos que a firma pechase naquel país.
Gerardo Crespo reivindica os "favores" que lles fixo a políticos como Carlos Negreira e acusa o PP de deixalo "tirado" co estourido da Operación Zeta, a presunta trama de falsos cursos de formación que supostamente lideraba. Asegúrao nunha entrevista con Faro de Vigo. Toda a información da Operación Zeta, en Praza.
A Fiscalía investiga se a Garda Civil multou arbitrariamente persoas estafadas coas preferentes con supostas sancións de tráfico. Cóntao El País
A conselleira de Traballo asegura que os presuntos líderes da trama Zeta "enganáronnos a todos". Segundo o sumario do caso, Beatriz Mato recibiu un bolso como agasallo dende unha das empresas de Gerardo Crespo, que a homenaxeou a través dunha das súas asociacións.
Médicos sen Fronteiras lanza a campaña #StopEbola para "mobilizar á sociedade para frear e conter o brote de ébola en África occidental". Pódese colaborar na web que veñen de lanzar.
A Axencia Tributaria multa A Mesa por solicitarlle notificacións en galego. A organización recibiu unha denuncia por "resitencia, obstrucción y excusa a las actuaciones de la Administración Tributaria” e anuncia que recorrerá a sanción ante todas as instancias.
Todos os eurodeputados de PP e PSOE, agás dúas abstencións socialistas (Elena Valenciano e Javier López), votan a favor de que continúen as subvencións europeas á tauromaquia: 130 millóns de euros anuais. A proposta de supresión destas axudas foi presentada polo Partido Verde Europeo.
Julio Somoano, destituído como director de informativos de TVE. Será substituído por José Antonio Álvarez Gundín, subdirector de opinión de La Razón. Baixo a dirección de Somoano os informativos da televisión pública, ademais de recibir constantes denuncias de manipulación en favor do Goberno, pasaron dunha audiencia media do 18,7% (decembro de 2011) ao 12,5% (setembro de 2014)