Portugal reclama a 50.000 españois o impago do uso das súas peaxes. Galicia é unha das autonomías que acumula máis sancións, cuxo importe é solicitado por escrito.
Fálase
O Goberno central adía a saída a Bolsa de Aena co argumento dun "defecto formal". Cóntao El Diario
Conde Roa asegura ante a xuíza da Pokémon que recibiu ameazas do irmán de Paula Prado por apostar por Ángel Currás para a alcaldía de Santiago. Cóntao La Opinión de A Coruña
Podemos ten 11.159 persoas inscritas en Galicia (5.133 na provincia da Coruña, 1.083 en Lugo, 733 en Ourense e 4.210 en Pontevedra), segundo vén de facer público na súa web. Vigo, con 1.683 persoas inscritas, e A Coruña, con 1.432, son as cidades cunha afiliación máis numerosa, seguidas de Compostela (573), Ourense (485), Lugo (476), Ferrol (389) e Pontevedra (337)
A CIG denuncia que a consellaría de Sanidade destina 228.600 euros a contratar unha empresa privada para impartir formación ás profesionais do SERGAS. O sindicato lembra que até o de agora a formación das e dos profesionais era impartida pola Fundación Pública de Formación Sanitaria (FEGAS)
A Fiscalía solicita prisión incondicional para o presidente da Deputación de León, Marcos Martínez Barazón. Anticorrupción prevé reclamar a mesma medida para o resto de presuntos responsables da rede intervida na Operación Púnica.
O Consello de Estado avala a impugnación da consulta alternativa do 9-N. Decide por unanimidade dar o visto e prace aos intentos do Goberno de impedir o proceso consultivo, que mañá mesmo presentará un novo recurso.
Feijóo e Besteiro reuniranse o vindeiro 5 de novembro en San Caetano. O líder socialista sinala que lle demandará ao presidente un plan "ambicioso" contra a corrupción nunha xuntanza na que tamén se abordarán as renovacións de organismos estatutarios que permanecen bloqueados.
Os e as traballadoras de Diario de Pontevedra convocan unha semana de folga a partir do vindeiro 5 de novembro. A razón son os recentes despedimentos levados a cabo pola empresa a continua rebaixa salarial que veñen soportando
A Asociación Gitanas Feministas por la Diversidad convocou unha protesta ante a sede da Real Academia Española, o vindeiro 7 de novembro, para demandar que elimine da edición 2014 a definición “que se serve de enganos e artificios para defraudar unha persoa nalgún asunto” para a palabra xitano/a.