O FROB envía á Fiscalía dúas novas operacións irregulares da antiga Novacaixagalicia por importe de 210 millóns de euros. Segundo o organismo estatal, trátase de "operacións de financiamento para a adquisición de inmobles e/ou participación en sociedades ou renegociacións de préstamos", entre outras. Estas operacións "presentan indicios de irregularidade" e "non responden a unha finalidade económica lóxica". Nos seus últimos meses as antigas caixas dispararon os créditos aos seus directivos.
Fálase
O xuíz dita prisión sen fianza para Francisco Granados por "pertenza a asociación criminal".
Anticorrupción investiga o financiamento de Caixa Galicia á inmobiliaria Astroc. As operacións terían xerado un burato de 300 millóns de euros na etapa de Méndez como director xera.
Case a metade dos cataláns votaría a favor dun estado independente, segundo unha enquisa da Generalitat. O 49,4% optaría pola independencia, un 12,6% por estado propio pero non independente e case un 20% estaría en contra da separación.
ERC gañaría as eleccións catalás con seis escanos máis que CiU. Podemos entraría no Parlament e superaría a ICV ou CUP, que tamén aumentarían a súa representación. O bloque soberanista sumaría 90 deputados, dous terzos da Cámara.
Portugal reclama a 50.000 españois o impago do uso das súas peaxes. Galicia é unha das autonomías que acumula máis sancións, cuxo importe é solicitado por escrito.
O Goberno central adía a saída a Bolsa de Aena co argumento dun "defecto formal". Cóntao El Diario
Conde Roa asegura ante a xuíza da Pokémon que recibiu ameazas do irmán de Paula Prado por apostar por Ángel Currás para a alcaldía de Santiago. Cóntao La Opinión de A Coruña
Podemos ten 11.159 persoas inscritas en Galicia (5.133 na provincia da Coruña, 1.083 en Lugo, 733 en Ourense e 4.210 en Pontevedra), segundo vén de facer público na súa web. Vigo, con 1.683 persoas inscritas, e A Coruña, con 1.432, son as cidades cunha afiliación máis numerosa, seguidas de Compostela (573), Ourense (485), Lugo (476), Ferrol (389) e Pontevedra (337)
A CIG denuncia que a consellaría de Sanidade destina 228.600 euros a contratar unha empresa privada para impartir formación ás profesionais do SERGAS. O sindicato lembra que até o de agora a formación das e dos profesionais era impartida pola Fundación Pública de Formación Sanitaria (FEGAS)