Besteiro viaxa xa cara á Coruña cun veciño da Fonsagrada que, como os demais doentes de cancro da provincia de Lugo, ten que recibir radioterapia na Coruña. O líder do PSdeG acompaña o paciente por convite da plataforma cidadá que esixe os servizos pendentes no HULA, prometidos por Feijóo en 2011.
Fálase
Alberto Garzón presentarase ás primarias para ser candidato de IU á presidencia do Goberno de España. Cóntao El Diario
A Fiscalía presenta a querela contra Mas polo 9N. Acusa o presidente da Generalitat de presuntos delitos de desobediencia, prevaricación, malversación e usurpación de funcións.
O rexistro na Deputación de Lugo produciuse nas áreas de Protocolo e Atención ao Cidadán, Gabinete de Comunicación e Contratación e está ligado ao programa de visitas turísticas Km0. A institución declárase "primeira interesada en que se esclareza calquera tipo de dúbida sobre este programa medioambiental". A información, hoxe en Praza.
A Xunta publica o reparto de axudas para medios de comunicación en xeral e para publicacións editadas integramente en galego. O reparto ascende a 1,9 millóns de euros distribuídos entre 38 empresas.
A xuíza Pilar de Lara está a requisar documentación na Deputación de Lugo, segundo adianta a Radio Galega.
O 34% dos traballadores españois cobra menos de 645 euros ao mes. As cifras achegadas pola Axencia Tributaria confirman a dureza da crise no mercado laboral.
O 9N devolve o liderado a CiU en Cataluña, onde Podemos sería terceira forza. PSC e PP perderían a metade dos seus deputados ante o avance da formación de Pablo Iglesias, Ciutadans e a CUP.
Afectados do Ofimático colapsan o tráfico na Coruña contra os desaloxos ordenados polo Concello e causan retencións a última hora da tarde do xoves. As protestas contra o plan urbanístico e os desafiuzamentos previstos intensifícase na cidade con importantes protestas.
O avogado de Crespo pide que se chame a declarar ao "amigo" de Feijóo. "Os que fixeron cousas non saíron, pero sairán", advirte o principal imputado na trama de cursos falsos.