A xuíza investiga subvencións de Baltar a unha empresa do xerente do PP. A sociedade cobrou 300.000 euros sen acreditar actividade ningunha.
Fálase
Unha manifestación antiabortista enche o centro de Madrid contra Rajoy. Un cento de organizacións exixen a retirada da lei do aborto e anuncian unha nova marcha se o Goberno "non recapacita".
O Rayo Vallecano axudará economicamente a anciá madrileña desafiuzada este venres no barrio madrileño de Vallecas. O seu adestrador, o corpo técnico e os xogadores colaborarán coa muller e abrirán unha canle de axuda para que poida pagar un aluguer.
Falece David Reboredo sete meses despois de lograr a liberdade condicional e tras unha intensa campaña de mobilización en toda Galicia a favor do seu indulto. O vigués, que morreu por mor dun tumor cerebral, contara en Praza a súa historia.
Comuneiros maniféstanse contra a "privatización do monte" en Compostela convocados polas comunidades de montes, Fruga e apoiados polo BNG ou AGE. Toda a información, hoxe en Praza.
O ex xerente do PP de Ourense di que Baltar lle pagou 24.000 euros en diñeiro negro e asegura que todos no partido sabían da existencia da caixa b. O actual presidente da Deputación advirte que emprenderá accións legais contra el.
A Coruña saca a concurso o maior contrato en Galicia de Vendex, empresa sinalada pola operación Pokémon e cos seus principais dirixentes imputados por varios delitos.
O 'pequeno Nicolás' asegura que colaboraba co CNI, o Goberno e Zarzuela nunha entrevista en El Mundo e di que non era impostor ningún.
Detido o ex primeiro ministro portugués José Sócrates por un presunto delito de fraude fiscal, branqueamento de capitais e corrupción. É un dos catro sospeitosos dunha investigación que impactou o país veciño.
Besteiro viaxa xa cara á Coruña cun veciño da Fonsagrada que, como os demais doentes de cancro da provincia de Lugo, ten que recibir radioterapia na Coruña. O líder do PSdeG acompaña o paciente por convite da plataforma cidadá que esixe os servizos pendentes no HULA, prometidos por Feijóo en 2011.