Varias cidades e vilas galegas acollen as manifestacións contra a lei mordaza convocadas pola Alianza Social Galega. Na imaxe (de @bngferrol) a de Ferrol. Toda a información, hoxe en Praza.
Fálase
A CUP non confluirá con Guanyem e aposta por unha candidatura de ruptura para as municipais. As diferenzas no código ético respecto aos soldos ou os mandatos impedirón o acordo.
O Deportivo empata sen goles ante a Real Sociedad en Riazor. Os galegos, inferiores na primeira parte, non puideron aproveitar a súa mellora no segundo tempo. Hoxe ás 12, o Celta xoga ante o Rayo Vallecano.
Pedro Sánchez carga contra Podemos nunha entrevista en El País, na que acusa á formación de apostar pola ruptura e de "renegar" dalgúns dos seus proxectos iniciais.
A xuíza investiga subvencións de Baltar a unha empresa do xerente do PP. A sociedade cobrou 300.000 euros sen acreditar actividade ningunha.
Unha manifestación antiabortista enche o centro de Madrid contra Rajoy. Un cento de organizacións exixen a retirada da lei do aborto e anuncian unha nova marcha se o Goberno "non recapacita".
O Rayo Vallecano axudará economicamente a anciá madrileña desafiuzada este venres no barrio madrileño de Vallecas. O seu adestrador, o corpo técnico e os xogadores colaborarán coa muller e abrirán unha canle de axuda para que poida pagar un aluguer.
Falece David Reboredo sete meses despois de lograr a liberdade condicional e tras unha intensa campaña de mobilización en toda Galicia a favor do seu indulto. O vigués, que morreu por mor dun tumor cerebral, contara en Praza a súa historia.
Comuneiros maniféstanse contra a "privatización do monte" en Compostela convocados polas comunidades de montes, Fruga e apoiados polo BNG ou AGE. Toda a información, hoxe en Praza.
O ex xerente do PP de Ourense di que Baltar lle pagou 24.000 euros en diñeiro negro e asegura que todos no partido sabían da existencia da caixa b. O actual presidente da Deputación advirte que emprenderá accións legais contra el.