O investigador Roberto Bande (IDEGA) gaña o primeiro premio do blog La Riqueza de las Regiones da Asociación Española de Ciencia Rexional (AECR). En "Por que existe un patrón espacial Norte-Sur no desemprego español?", Bande analizou as razóns que provocan que no sur de España a taxa de paro sexa maior.
Fálase
Dous militantes de Galiza Nova son xulgados hoxe na Coruña por pintar un mural contra a reforma do aborto. Dani Carballada e David Neira foron multados pola Subdelegación do Goberno por unha pintada na nacional VI.
Coia celebra hoxe un acto de homenaxe a David Reboredo, falecido ao pouco de conseguir a liberdade condicional e logo de anos loitando polo indulto.
José Sócrates foi preso para evitar que destruíse probas na súa visita a Portugal desde París. Os investigadores ordenaron a detención para non perder documentación fundamental no caso.
A coalición entre Podemos e IU empataría co PP en Madrid, segundo unha enquisa para El Mundo. Ningún partido conseguiría a maioría absoluta e os apoios de PSOE e UPyD serían claves.
Hospitais manteñen pechadas camas que suprimiron no verán. Sanidade alega que non hai demanda e o persoal denuncia que os pacientes agardan o seu ingreso en Urxencias.
Un de cada cinco concellos galegos atópase na 'lista de morosos' de Montoro. Máis de 60 municipios non pagaron os recibos aos seus provedores no prazo de trinta días que fixa a lei. A Coruña lidera alista de
A actual directiva do Deportivo revela graves irregularidades na xestión de Lendoiro nunha xunta de accionistas que aprobou a ampliación de capital social. O actual presidente denuncia a falta de documentación e que o club non cobrou o seguro de descenso que si orzamentara.
Interior utilizou Asuntos Internos da policía para investigar o menor dos Pujol por branqueamento. O caso Oleguer baséase nun informe desta unidade entregado en maio á Fiscalía Anticorrupción.
Mas propón unha lista conxunta e eleccións plebiscitarias para acadar a independencia en 18 meses. Moncloa cre que o paso do president é outro máis "na deriva independentista".