Chévere, galardoado co Premio Nacional de Teatro. O xurado destacou a súa capacidade de transgredir xéneros e a súa vertente humorística e participativa "sempre conectada coa realidade social e económica", destacando por exemplo as súas tres obras máis recentes: Citizen, Eurozone e Ultranoite no País dos Ananos. Máis información, nuns minutos en Praza.
Fálase
Ruz envía a xuízo a vinte ex cargos do PP pola Gürtel e sinala a Ana Mato como beneficiaria da trama a título lucrativo.
O Tratado de Libre Comercio entre Europa e os Estados Unidos destruiría 600.000 postos de traballo na UE, segundo unha estimación realizada polo economista Jeronim Capaldo, da Tufts University de Massachusetts. A simulación sinala que tamén se reducirían os ingresos tributarios e o produto interior bruto en todos os países europeos
O investigador Roberto Bande (IDEGA) gaña o primeiro premio do blog La Riqueza de las Regiones da Asociación Española de Ciencia Rexional (AECR). En "Por que existe un patrón espacial Norte-Sur no desemprego español?", Bande analizou as razóns que provocan que no sur de España a taxa de paro sexa maior.
Dous militantes de Galiza Nova son xulgados hoxe na Coruña por pintar un mural contra a reforma do aborto. Dani Carballada e David Neira foron multados pola Subdelegación do Goberno por unha pintada na nacional VI.
Coia celebra hoxe un acto de homenaxe a David Reboredo, falecido ao pouco de conseguir a liberdade condicional e logo de anos loitando polo indulto.
José Sócrates foi preso para evitar que destruíse probas na súa visita a Portugal desde París. Os investigadores ordenaron a detención para non perder documentación fundamental no caso.
A coalición entre Podemos e IU empataría co PP en Madrid, segundo unha enquisa para El Mundo. Ningún partido conseguiría a maioría absoluta e os apoios de PSOE e UPyD serían claves.
Hospitais manteñen pechadas camas que suprimiron no verán. Sanidade alega que non hai demanda e o persoal denuncia que os pacientes agardan o seu ingreso en Urxencias.
Un de cada cinco concellos galegos atópase na 'lista de morosos' de Montoro. Máis de 60 municipios non pagaron os recibos aos seus provedores no prazo de trinta días que fixa a lei. A Coruña lidera alista de