A Policía Local da Coruña sobe ao tellado de Elviña onde se atopan os activistas anti desafiuzamentos para permitir que a vivenda sexa desaloxada. Os bombeiros, novamente, néganse a colaborar.
Fálase
Cáritas denuncia que hai máis de 3.600 persoas que en Galicia viven na rúa en “condicións precarias” e reclama “unha vivenda digna para todo o mundo”. O director de Cáritas Diocesana de Santiago, José Anuncio Mouriño Rañó, destacou que entre este colectivo cada vez hai máis mulleres e persoas novas, conformándose un novo perfil de persoas sen fogar. Máis información, hoxe en Praza.
En Elviña, a escavadora comeza a tirar os muros con xente aínda subida ao tellado
A economía galega abandona o tímido crecemento. O IGE constata que o medre do PIB no terceiro trimestre foi 0,0%
A presenza de persoas no tellado frea polo momento a demolición, xa iniciada, da casa que a Policía tenta desaloxar na Coruña
O bombeiro Roberto Rivas e dúas persoas máis encarámanse á casa de Isabel e Álvaro para tentar evitar que sexan desafiuzados no Ofimático da Coruña (imaxe: Miguel Pardo)
Rajoy presenta arestora no Congreso as súas leis contra a corrupción que, asegura, non é "xeralizada", se ben asegura que o "egoísmo" e a "mesquindade" forman "parte da nosa propia natureza". O debate pódese seguir ao vivo en El Diario
Rajoy presenta arestora no Congreso as súas leis contra a corrupción que, asegura, non é "xeralizada", se ben asegura que o "egoísmo" e a "mesquindade" forman "parte da nosa propia natureza". O debate pódese seguir ao vivo en El Diario
Disturbios e cargas policiais na Coruña ante o desaloxo en Elviña polo Ofimático. Activistas e veciños concéntranse desde primeira hora para impedir un desaloxo protexido por varios axentes policiais e que está a provocar importantes retencións de tráfico. Imaxe de @DesahucioCoruna.
Un alto cargo de Montoro falsea o seu currículo logo de plaxiar múltiples autores nun libro académico. O director do Instituto de Estudos Fiscais atribúese unha cátedra da UNED que non existe.