A economía rusa sofre a súa peor crise dende 1998. A pesar de que conseguiu moderar o descenso do rublo, a divisa perdeu o 90% do seu valor no último ano, e obrigou as autoridades a incrementar os tipos de interese ao 17%. Na orixe está a caída do prezo do petróleo, que se abaratou un 46% no que vai de ano.
Fálase
Megasa propón despedir máis da cuarta parte dos seus traballadores en Narón, 47 dun total de 169, a pesar de pechar o ano 2013 con beneficios.
A Xustiza galega, a cuarta máis colapsada de España a pesar da súa baixa taxa de litixiosidade. Un de cada tres xulgados galegos ten unha sobrecarga de traballo superior ao 50%
Tres marcas (Adidas, Hugo Boss e Levitas) néganse a que se lles entregue a indixentes prendas de roupa de imitación requisadas en Vigo e esixen que sexan queimadas.
Os sindicatos celebran a retirada do decreto lei de Especialidades da profesión docente, que abría a porta ao mestre orquestra. O Ministerio de Educación presentará un novo texto.
O persoal médico do servizo de urxencias do Meixoeiro de Vigo iniciou un paro indefinido para reclamar un facultativo máis de servizo tres noites á semana.
O PP saca adiante esta tarde a lei de acompañamento dos Orzamentos que, entre outros aspectos, abre a porta a novos casinos, prorroga o prazo para as canles da TDT que incumpren as súas concesións e perdoa a construción de case a metade da autovía da Costa da Morte á empresa adxudicataria.
A OCU denuncia Apple, Samsung e outras marcas por publicidade fraudulenta. A organización de consumidores advirte de que a memoria interna real de moitos móbiles e tabletas é moi inferior á promocionada.
Un estudo do CSIC detecta en grelos e verzas altos contidos de vitaminas, antioxidantes e compostos anticarcinoxénicos. A investigación detectou que o potencial anticanceríxeno é maior nos grelos cultivados no outono.
O Parlamento aproba os Orzamentos de 2015 só cos votos do PP e sen ningunha das máis de 1.200 emendas da oposición.