Pachi Vázquez acusa o Concello do Carballiño de falsear datos para levalo a xuízo. Recólleo Faro de Vigo
Fálase
Os vídeos do arresto dun membro de Stop Desafiuzamentos no barrio compostelán de Aríns desmenten a Policía. O activista denunciou os axentes por falsidade documental. Cóntao El País
O Cineclube de Compostela proxecta esta noite Ciutat Morta, nunha sesión que contará coa presenza de Xavier Artigas, un dos seus directores. O filme proxectarase este xoves no CSOA Escárnio e Maldizer, tamén en Santiago.
Genbeta relata a historia de Anita Sarkeesian, unha blogueira norteamericana que leva anos recibindo insultos e acoso virtual tras lanzar unha webserie que analizaba e criticaba o papel da muller no mundo dos videoxogos. Na actualidade prepara dúas novas webseries centradas no mesmo tema.
Dous dos galegos con tarxetas black de Caja Madrid, entre os 78 imputados polo xuíz Andreu polo uso destes cartóns de crédito opacos. Está a contalo El Diario
A produción editorial galega creceu o pasado ano, segundo os datos do ISBN, pasando de 2.083 títulos a 2.274, en contraste cun descenso no conxunto de España. Creceu, sobre todo, o número de libros publicados en Galicia en formato dixital, dende as 208 obras ás 483
Só 4 familias galegas solicitan que se lles pague ensino en castelán en centros privados con fondos públicos, posibilidade que ofrece a Lei Wert. Recólleo Faro de Vigo
A Fiscalía evita que Cacharro sente no banco dos acusados ao retirar a acusación contra o ex presidente da Deputación de Lugo na Operación Muralla. Recólleo La Voz
O Castelo de San Felipe, en Ferrol, acolle esta tarde a homenaxe que todos os anos se lle rende a Amada García e ás outras sete persoas fusiladas alí polo fascismo o 27 de xaneiro de 1938.
O reitor da Universidade da Coruña, Xosé Luís Armesto, critica o escaso financiamento que recibe esta institución a pesar de non endebedarse. Lembra que nos últimos cinco anos as tres universidades galegas perderon 55 millóns de euros de financiamento da Xunta.