Stop Desafiuzamentos A Coruña subliña que as multas relacionadas coas concentracións contra o proxecto do Ofimático e o desaloxo de Álvaro Corral e a súa familia ascenden aos 4.250 euros. A entidade denuncia que as persoas multadas Wnon foron identificadas debidamenteW durante as protestas
Fálase
Telmo Martín, a piques de volver optar á Alcaldía de Sanxenxo tras fracasar en dúas ocasións en Pontevedra. Martín xa foi rexedor da vila do Salnés entre 1999 e 2006. Cóntao Faro de Vigo
Estám xa en marcha en Santander as xornadas ¿Por qué los alemanes son como son?, un foro organizado polo Goberno de Alemaña en colaboración co Instituto Elcano no que Praza Pública participa como convidada xunto a outros medios de comunicación do Estado.
A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) organiza este venres e sábado na Coruña e Vigo un programa de actividades con motivo do Día da Ilustración, o 30 de xaneiro, data instituída o pasado ano en coincidencia co aniversario do nacemento de Castelao.
Cultura Galega dedícalle unha reportaxe a Arquitecturadegalicia.eu, un catálogo colectivo de construcións singulares contemporáneas do noso país, elaborado por un grupo de antigos alumnos da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña
Tensión no Grove. A policía tivo que escoltar tres edís do goberno municipal ante as protestas dun grupo de veciños e veciñas tras o remate do pleno celebrado onte, no que se debateu o novo PXOM, moi criticado por unha parte dos habitantes.
Podemos e Ganemos Madrid pechan un acordo para concorrer xuntos ás eleccións municipais. Lanzarán un chamamento conxunto para a conformación dunha "candidatura cidadá de unidade popular"
Pachi Vázquez acusa o Concello do Carballiño de falsear datos para levalo a xuízo. Recólleo Faro de Vigo
Os vídeos do arresto dun membro de Stop Desafiuzamentos no barrio compostelán de Aríns desmenten a Policía. O activista denunciou os axentes por falsidade documental. Cóntao El País
O Cineclube de Compostela proxecta esta noite Ciutat Morta, nunha sesión que contará coa presenza de Xavier Artigas, un dos seus directores. O filme proxectarase este xoves no CSOA Escárnio e Maldizer, tamén en Santiago.