O pleno da Pobra de Brollón aproba por unanimidade que o Concello pague o médico que falta na localidade. A proposta do goberno local, que denuncia a inacción do Sergas, foi apoiada mesmo polo PP. Cóntao El Progreso
Fálase
O alcalde de Pontecesures, do BNG, absolto do delito de malversación que se lle imputaba polo gasto en gasolina do Concello. Cóntao Faro de Vigo
A dirección de Ciudadanos tenta evitar presentar candidaturas en Ferrol e na Coruña, cidade na que recibiron a recomendación dunha candidata por parte dun membro do PP. Recólleo La Voz
Rodrigo Rato queda en liberdade tras sete horas detido e atribúenselle varios delitos de presunta corrupción. Facenda artellou a operación de costas á Fiscalía Anticorrupción, segundo informa El Diario
A venda de Novagalicia Banco acelerouse pola previsión fallida dunha consultora internacional privada. Cóntao El País Galicia
A sexta edición da gala Lvcvs Moda, dedicada á Mariña, recada preto de 10.000 euros para o Fogar do Transeúnte de Lugo. No evento, organizado pola Deputación Provincial, participaron 6 deseñadores e 16 firmas de artesanía lucenses.
A Fiscalía investiga a Rato por fraude, branqueo e alzamento de bens. O ex ministro podería ser detido hoxe mesmo e pasar a noite no calabozo tras o rexistro na súa casa.
Antiviolencia non declara de alto risco o Deportivo-Atlético deste sábado malia o asasinato na previa do enfrontamento anterior entre estes dous equipos do afeccionado galego Francisco Romero Taboada, Jimmy.
Axentes da Axencia Tributaria rexistran a casa de Rodrigo Rato despois de que se soubese que o ex ministro se acolleu á amnistía fiscal instaurada polo Goberno do PP.
Coca-Cola enche de publicidade os principais xornais impresos españois, como El País, El Mundo, ABC ou La Razón, un día despois do fallo do Tribunal Supremo que botou abaixo o seu ERE. O pasado mes de xaneiro tamén o Banco Santander monopolizara coa súa publicidade as portadas das principais cabeceiras.