O BNG amosa a súa disposición a participar "en todos os debates (libres de vetos) aos que sexa convidado" no marco das eleccións municipais. Sinálao nun comunicado tras os límites expresados pola dirección do PP.
Fálase
Irmandade TV inicia nova xeira co lanzamento da súa nova web e o inicio das emisións en probas. A canle prepara, asemade, un maratón pola lingua galega
O TSXG confirma a conclusión do sumario sobre Paula Prado e acorda o arquivo provisional da causa. Os maxistrados indican que "cabe soster, con ponderación e prudencia, o arquivo provisional" e non o "arquivo libre" que pedían a Fiscalía e a defensa. O auto reflicte que a instrución se esgotou sen "que sersulte debidamente xustificada a comisión de delito" por parte da deputada.
O PP gábase de "non poñer obstáculos á detención" de Rodrigo Rato. González Pons, uns dos vicesecretarios do partido, desliga as acusacións contra o ex ministro do seu labor no Goberno de Aznar. Recólleo El Diario
A edil Reyes Leis, única integrante do goberno de Conde Roa que continúa no Concello de Santiago, anuncia que vén de tomar a decisión de "non continuar en política"
Convocan unha concentración ante o sede do PP na Coruña "contra a mafia corrupta" da formación. As Marchas da Dignidade únense á convocatoria doutras cidades do Estado tras a investigación a Rodrigo Rato.
O Concello da Coruña é o que máis queixas acumula ante o Valedor por non usar o galego. A Deputación coruñesa é a única das galegas con reclamacións por infrinxir a Lei de Normalización Lingüística. Cóntao La Opinión de A Coruña
O pleno da Pobra de Brollón aproba por unanimidade que o Concello pague o médico que falta na localidade. A proposta do goberno local, que denuncia a inacción do Sergas, foi apoiada mesmo polo PP. Cóntao El Progreso
O alcalde de Pontecesures, do BNG, absolto do delito de malversación que se lle imputaba polo gasto en gasolina do Concello. Cóntao Faro de Vigo
A dirección de Ciudadanos tenta evitar presentar candidaturas en Ferrol e na Coruña, cidade na que recibiron a recomendación dunha candidata por parte dun membro do PP. Recólleo La Voz