Este luns remata o prazo para a presentación de candidaturas aos premios #InLugo15, que se entregarán no congreso de cultura dixital e redes sociais que se celebra en Lugo dende o vindeiro venres.
Fálase
Un polémico xuíz de Nova York obriga o peche de Grooveshark, o popular servizo de música en streaming, e atende así os requerimentos das grandes industrias musicais.
A Marea Atlántica supera o obxectivo de financiamento cidadán e acada máis de 12.000 euros para a campaña electoral. Case 300 mecenas achegaron pequenas cantidades para financiar os gastos.
O Valedor advirte a Xunta polas grandes demora en dependencia. A institución urxe a valoración dunha muller inmobilizada e sen ingresos, pero a Administración mantén a cita para o último trimestre do ano.
Caballero di ser "máis Tierno Galván e Maragall que Paco Vázquez". O alcalde vigués presume de apoio cidadán e di que el se identifica con cidades como Madrid e Barcelona porque "A Coruña non é igual que Vigo".
Tan só un 10% dos residentes estranxeiros poderá votar nas municipais. O Estado permite exercer o dereito aos cidadáns dos 27 países da UE e de 12 máis cos que hai acordo bilateral.
Sindicatos e patronal rebélanse contra os novos controis nos cursos de formación. Rexeitan as medidas impostas pola Xunta a raíz da operación Zeta.
Rematou a xornada na Segunda B. Gañou o Rácing de Ferrol (1-2) ante o Celta B e asegura a súa participación no play-off de ascenso á división de prata. O Coruxo derrotou o Somozas (0-1) e o Compostela empatou en Santiago ante o Oviedo (1-1). O Compos, a cinco puntos da cuarta posición, complica moito as súas opcións de acceder ao play-off.
Remata a xornada na Terceira galega. Pontevedra (75), Dépor B (68), Cerceda (60) e Choco (59), ocupan os postos de play-off de ascenso
Racing Vilalbés 4-1 Laracha
Silva 1-2 Boiro
Pontevedra 0-0 As Pontes
Ribadeo 1-1 Choco
Deportivo B 3-1 Arousa
Ribadumia 0-0 Barbadás
Cerceda 1-1 Alondras
Bergantiños 2-0 Rápido de Bouzas
Xuventú Sanxenxo 3-1 Bertamiráns
Cultural Areas 2-2 OrdesJuan Ramón Díaz, director de La Voz de Galicia entre 1977 e 1997 e actual vicepresidente do grupo La Capital, faleceu este domingo en Mondoñedo aos 73 anos de idade.