O Concello de Lugo aproba a retirada de honras a Franco coa oposición do PP. Recólleo El País Galicia
Fálase
O Banco de España cifra en 61.495 millóns de euros o custo do rescate bancario, dos que 9.052 corresponden ás antigas Caixa Galicia e Caixanova. O regulador explícao nunha nota informativa que se pode descargar nesta ligazón
O PP sitúa a Paula Prado como vicevoceira no Parlamento e indica que todas as críticas que recibiu mentres foi investigada pola Xustiza foron "inxustificadas".
Pachi Vázquez dimite como deputado por mor do procesamento na investigación por presunta prevaricación en contratos na súa etapa como alcalde do Carballiño. O socialista explica arestora a súa decisión en rolda de prensa. Máis información, hoxe en Praza.
Este luns remata o prazo para a presentación de candidaturas aos premios #InLugo15, que se entregarán no congreso de cultura dixital e redes sociais que se celebra en Lugo dende o vindeiro venres.
Un polémico xuíz de Nova York obriga o peche de Grooveshark, o popular servizo de música en streaming, e atende así os requerimentos das grandes industrias musicais.
A Marea Atlántica supera o obxectivo de financiamento cidadán e acada máis de 12.000 euros para a campaña electoral. Case 300 mecenas achegaron pequenas cantidades para financiar os gastos.
O Valedor advirte a Xunta polas grandes demora en dependencia. A institución urxe a valoración dunha muller inmobilizada e sen ingresos, pero a Administración mantén a cita para o último trimestre do ano.
Caballero di ser "máis Tierno Galván e Maragall que Paco Vázquez". O alcalde vigués presume de apoio cidadán e di que el se identifica con cidades como Madrid e Barcelona porque "A Coruña non é igual que Vigo".
Tan só un 10% dos residentes estranxeiros poderá votar nas municipais. O Estado permite exercer o dereito aos cidadáns dos 27 países da UE e de 12 máis cos que hai acordo bilateral.