Isaac Rosa analiza en eldiario.es o éxito das candidaturas cidadás e destaca as da Coruña e Compostela. Considera que estas listas marcan o camiño a seguir nos futuros comicios xerais.
Fálase
O PSOE non descarta prescindir de Orozco para asegurar o goberno de Lugo. BNG e Lugonovo xa avisaron de que non pactarán con imputados e a executiva galega podería abordar hoxe o tema.
O PP prepárase para gobernar Ourense en solitario. A negativa a ceder a alcaldía a Democracia Ourensana e a decisión de PSOE e Ourense en Común de votarse a si mesmos pode garantirlle a investidura.
As mareas e Ciudadanos supoñen xa o 23% do voto urbano en Galicia. PP, PSdeG e BNG perden case 120.000 votos nas cidades galegas mentres soben as plataformas cidadás.
A idade media da maternidade en Galicia supera a de todos os países da UE. As nais galegas dan a luz tres anos máis tarde que as europeas.
Rajoy comparece por primeira vez en tres anos na sede do PP para valorar ante a prensa os resultados das eleccións. Pódese seguir ao vivo en eldiario.es
Co 100% escrutado, a Marea Atlántica é a lista máis votada na Coruña con 4 votos de diferenza sobre o PP, que impugnara varias mesas.
O PP só conserva a Deputación de Ourense e o PSdeG podería presidir, ademais da de Lugo, as da Coruña e Pontevedra. A información, hoxe en Praza.
A esquerda podería gobernar en Ferrol. Rey Varela perde a maioría absoluta co 74,5% escrutado. Ferrol en Común podería liderar o goberno da cidade departamental.
Empate técnico entre Compostela Aberta e o PP en Santiago co 43% escrutado. A plataforma cidadá podería gobernar a capital galega.