Ferrol en Común e PSdeG presentan a composición do novo goberno ferrolán, que definen como un gabinete "cohesionado" e "estable". Recólleo Ferrol 360
Fálase
O Concello da Coruña paralizará os desaloxos dos veciños de Elviña afectados polo Ofimático e que provocaran unha forte resistencia cidadá na cidade. O goberno da Marea Atlántica anuncia que buscará unha modificación do plan para unha conexión alternativa que evite problemas aos veciños e cooperativistas logo de reunirse coa plataforma Elviña Non se Vende.
O FROB envía á Fiscalía outras catro operacións de Novacaixagalicia que xeraron perxuízos económicos por 170 millóns de euros.
A asemblea do BNG de Lugo aproba non entrar no Goberno local que encabeza Lara Méndez. "Aínda que non formemos parte do goberno traballaremos construtivamente co goberno", di o seu responsable local, Alexandre Penas.
Lidia Senra (AGEe) poderá consultar este martes pola mañá durante dúas horas algúns dos documentos confidenciais das negociacións sobre o TTIP. Terá que entrar na sala de lectura sen teléfono, sen bolígrafo e papel, será supervisada en todo momento por persoal do Parlamento Europeo e terá que comprometerse a non revelar ningún contido.
Non haberá chuvia na noite de San Xoán. As néboas e a nubosidade que marcarán a xornada en boa parte de Galicia irán retirándose ao longo da tarde en boa parte do país, con temperaturas frescas, iso si. A preamar, as dez da noite, dificultará a ocupación das praias.
A ONU denuncia que Israel puido cometer crimes de guerra na ofensiva contra Gaza de 2014. O Goberno israelí advirte de que non permitirá que a flota humanitaria que se dirixe a Gaza traspase o bloqueo naval imposto aos seus habitantes.
O Goberno grego ofrece unha agresiva reforma das pensións e numerosas subas de impostos para tentar chegar a un acordo cos acreedores. Porén, Bruxelas négase a ofrecer unha quita da débeda. A solución adíase ata este mércores.
O BNG "dá por suspendidas as negociacións" co PSdeG para gobernar as deputacións. Faino "ante a falta de avances reais na negociación dun acordo político programático nacional", di nun comunicado no que apela á " responsabilidade" dos socialistas
O Concello da Coruña paraliza o museo da automoción que Jove prevía no parque de Bens. Anunciouno o alcalde Xulio Ferreiro logo de reunirse coa plataforma Salvemos o parque de Bens. Máis información, hoxe en Praza.