Ana Miranda denuncia, á súa chegada a Madrid, o trato ofrecido polos soldados israelís aos activistas e xornalistas que viaxaban no Marianne, e a violencia empregada contra a tripulación. Miranda participará esta tarde na concentración convocada ante o Ministerio de Asuntos Exteriores
Fálase
Toda a oposición do Congreso asina o recurso contra a cadea perpetua revisable que o PP aproba en solitario. Este recurso ante o Tribunal Constitucional é o primeiro asinado por todos os grupos da oposición, segundo destaca El País
O Festigal presenta a súa programación do 2015. Habelas Hainas, Ruxe Ruxe, Caxade ou Familia Caamagno son algúns dos artistas que encabezan o cartaz do festival, que se celebra o 24 e o 25 de xullo en Compostela.
Manuel Martínez mantense dentro do grupo do PSdeG na Deputación de Lugo, segundo avanza Europa Press. Que non pase ao grupo de non adscritos mantén aberta a porta á moción de censura contra o PP.
Ana Miranda, xa en Madrid despois de ser liberada polas autoridades israelís, anuncia que ofrecerá unha rolda de prensa ás 13:15 no Congreso para valorar o asalto sufrido en augas internacional pola Flotilla da Liberdade cando se dirixía a Gaza. Máis información, ao longo do día en Praza.
PSdeG-PSOE e Lugonovo rompen as negociacións para formar goberno na cidade. Lara Méndez gobernará en solitario no Concello.
Xornada de incendios en Galicia: arderon máis de 55 hectáreas en Calo (Teo), 40 en Boborás e 16 en Sober.
Este mércores entra en vigor a Lei de Seguridade Cidadá, ou Lei Mordaza. Están convocadas concentracións en máis de 30 cidades de toda España, entre elas Vigo, A Coruña e Pontevedra, e unha sentada ás doce da noite ante o Congreso.
O presidente da Comisión Europea, Jean-Claude Juncker, realizou esta madrugada unha oferta de última hora a Grecia, propoñendo seguir negociando a cambio de que Tsipras se comprometese a pedir o si no referendo.
O Goberno grego asume que convocará eleccións se perde o referendo. "Imos levar a cabo unha forte campaña de información nestes días porque se está bombardeando a poboación con mensaxes manipuladas", afirma Tsipras nunha entrevista en televisión. O presidente grego descarta que o país saia do euro polo alto custe que suporía para a UE