Catorce compañías teatrais galegas (entre elas Chévere, Voadora, Redrum e Il Maquinario) deciden entrar conxuntamente en Escena Galega (Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas) "para revitalizar a asociación profesional e apostar pola confluencia e a unidade no traballo".
Fálase
O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, levará a pleno a proposta d'A Mesa para a normalización da lingua galega no Concello. O rexedor confirmoullo ao presidente da asociación nunha xuntanza.
Comezan en Santiago as obras do túnel de Conxo, que foron inauguradas pola ministra de Fomento e o anterior alcalde en novembro de 2014. Ata o momento estiveran practicamente paradas.
A Xunta dá por extinguido o incendio de Boborás, no que arderon unhas 180 hectáreas, segundo Medio Rural
Grecia consuma o impago ao FMI e abandona formalmente o mecanismo de rescate. O Goberno grego denuncia "fortes presións". Cóntao eldiario.es
Pablo Iglesias visita Galicia dende o venres para analizar alianzas cara ás eleccións xerais. Cóntao Faro de Vigo
Cuba convértese no primeiro país do mundo en eliminar a transmisión da sida de nais a fillos. Recólleo eldiario.es
A farmacéutica galega Zeltia é absorbida pola súa filial Pharmamar e pasa a ter sede en Madrid. Recólleo Faro de Vigo
Grecia estuda unha nova oferta da UE a poucas horas da fin do programa de rescate. A aceptación implicaría unha moratoria da débeda grega, segundo transcendeu este mediodía.
Ana Miranda denuncia, á súa chegada a Madrid, o trato ofrecido polos soldados israelís aos activistas e xornalistas que viaxaban no Marianne, e a violencia empregada contra a tripulación. Miranda participará esta tarde na concentración convocada ante o Ministerio de Asuntos Exteriores