Acordo entre os grupos municipais de Santiago para distribuír as dedicacións e a representación en diversos organismos. O pleno de constitución celebrarase o vindeiro luns. Recólleo El Correo Gallego.
Fálase
O Parlamento europeo pide estender a toda a UE a liberdade de panorama, aprobando por maioría a proposta elaborada pola deputada do Partido Pirata Julia Reda. A cámara botou abaixo a emenda presentada polo francés Jean-Marie Cavada, que pretendía restrinxir a distribución de imaxes tiradas en espazos públicos.
Persoal de Abanca mobilízase na Coruña ante o que cualifica como "fervenza de despedimentos" e "reestruturación encuberta dos últimos meses". (Imaxe de UGT)
A práctica totalidade dos partidos (agás PP e Ciudadanos) asinarán o vindeiro 15 de xullo a Declaración de unidade a prol da normalización da lingua galega, promovida pola Mesa, e na que se comprometen a "reactivar o idioma propio" partindo de acordos comúns como a Lei de Normalización ou o Plan Xeral de Normalización. Apoian o texto PSdeG-PSOE, BNG, Podemos, Esquerda Unida, Anova e CxG, entre outros.
No cuarto aniversario da independencia de Sudán do Sur eldiario.es publica un especial centrado nas persoas que sobreviven á guerra no país #hazlesvisibles
Cargos de IU, Podemos e de candidaturas municipalistas de todo o Estado, entre eles o alcalde de Ferrol -Jorge Suárez-, apoian a plataforma Ahora en Común e piden unha confluencia cara ás xerais, xunto con xornalistas, profesores universitarios, escritores e outras persoas da sociedade civil.
Hostaleiros da Coruña aplauden a suspensión das chamadas "casas regionales" nas festas de María Pita, mentres que os seus propietarios esixen que o Concello siga sufragando a instalación dos seus postos.
O PSdeG confirma o alcalde das Pontes, Valentín González, como candidato a presidir a Deputación da Coruña. Recólleo La Opinión
O Ministerio de Facenda utiliza o voto de calidade para impoñer o límite de déficit ás autonomías, que baixa ao 0,3%. Recólleo Faro de Vigo
A Comisión de Sanidade do Congreso dá luz verde (cos votos populares e de UDC) á proposición de lei do PP que limita o dereito ao aborto, de xeito que as mulleres de 16 e 17 anos necesitarán o consentimento dos seus proxenitores. A lei votarase no pleno do Congreso a vindeira semana