Lidia Senra denuncia ante a Comisión Europea o "caos" do Hospital Álvaro Cunqueiro e preséntao como "un claro exemplo da precarización que conleva a privatización da sanidade na Galiza".
Fálase
O Frente Atlético financia a defensa dos presuntos asasinos de Jimmy. O grupo ultra de extrema dereita pagou 24.000 euros a dous dos acusados para afrontar os custos do proceso xudicial.
Un home de 55 anos mata a súa parella en Vigo antes de suicidarse. A vítima, de 33 anos, recibira asistencia sanitaria por malos tratos anteriormente. Nas últimas 72 horas houbo outros dous asasinatos de mulleres a mans das súas ex parellas: en Murcia e Biscaia, sumando 33 no que vai de 2015.
En Portugal PSD e CDS/PP pechan un pacto de Goberno, insuficiente se PS, BE e CDU chegan a un acordo. De momento, BE e CDU deixan a porta entreaberta aínda que esixen cambios nas medidas económicas propostas polo PS, entre elas o recorte nas pensións imposto por Bruxelas. Os socialistas anunciaron xa a convocatoria dun Congreso extraordinario, no que dous candidatos lle disputarán o liderado a António Costa.
El Diario entrevista a Yolanda Díaz, que a pasada semana participou na xuntanza que mantiveron Pablo Iglesias e Alberto Garzón. "Resístome a pensar que a unidade popular non é posible. Se o foi en Galicia, ten que selo no resto do Estado", di.
Euskaltel completa a compra de R por 1.190 millóns. R era ata agora propiedade de Rede Brigantium (70%) e Abanca (30%).
EE.UU. pecha con 11 países do Pacífico un acordo de libre comercio (Tratado de Asociación Transpacífico, TTP). Entre eles están Xapón, Australia, Malaisia, Singapur, Vietnam, Chile, Perú e México
A NASA libera máis de 8.000 fotos das súas misións na Lúa. As imaxes, de alta calidade, son agora de dominio público e pódense consultar nesta conta de Flickr.
A Comisión Europea di que España non cumprirá o obxectivo de déficit nin en 2015 nin en 2016.
O Concello da Coruña esixirá ás instancias xurídicas o esclarecemento do asasinato de Jimmy. afeccionado do Deportivo agredido en Madrid por ultras do Frente Atlético. O pleno apoia por unanimidade a proposta do BNG.