Triplo empate de PP, PSOE e Ciudadanos a tres semanas do 20D, segundo unha enquisa para El País.
Fálase
Os alcaldes das "cidades rebeldes" concéntranse contra a guerra na praza de María Pita.
O alcalde de Dozón solicita a baixa temporal como militante do PP tras ser detido pola fraude dos cursos de formación e "mentres non se aclare a súa situación xudicial", segundo aclara o partido.
Un home mata o ex marido da súá ex moza en Ponte Caldelas. Entregouse logo de confesar o crime.
Falece o escritor e teólogo Xosé Chao Rego aos 83 anos de idade. Máis información, hoxe en Praza.
A Coruña recibe a alcaldes e representantes de concellos de todo o Estado no Encontro Municipalista. "Temos un obxectivo común e novas formas de entender a política", di Xulio Ferreiro, rexedor coruñés na recepción oficial en María Pita.
A capela ardente de Neira Vilas abriu de novo esta mañá no Panteón de Galegos Ilustres, en Bonaval. Permanecerá aberta ata as 16.30 horas e o enterro terá lugar no seu Gres natal ás 17.30. Ás 12 horas, Luis Reimóndez, en nome da familia e da Fundación Neira Vilas, e Xesús Alonso Montero, presidente da RAG, dedicaranlle unhas palabras de homenaxe.
A rúa General Mola tomará o nome do ilustrador Álvaro Cebreiro na Coruña deste o martes. O Concello continuará coa eliminación do rueiro franquista tras o primeiro acto simbólico e a denominación da rúa Juan Canalejo será substituída pola do Socorro.
Arturo Dopico deixa R tras 17 anos á fronte logo de pecharse a compra por parte de Euskaltel. Xunto ao conselleiro delegado marcha tamén Francisco Rodeiro, o director de planificación estratéxica e desenvolvemento de negocio.
Detidos tres xihadistas que captaban terroristas en Barcelona. Empregaban as redes sociais para convencer persoas para que se unisen ao Daesh en Siria.