La Opinión esixe nun editorial "transparencia e competencia" para as contratacións que realiza a Autoridade Portuaria da Coruña. O porto herculino adxudicou o ano pasado 11,9 millóns de euros en contratos menores ou negociados que non saíron a concurso público
Fálase
Boa parte de Galicia (sobre todo na provincia de Pontevedra) rexistrou importantes incidencias polas chuvias caídas este sábado, que mesmo obrigaron a evacuar a varias persoas. Fornelos de Montes chegou a recibir 266 litros por metro cadrado e Vigo 214. Este domingo espérase a chegada dunha fronte fría, con alerta por neve en Ourense a partir do mediodía. No mar, mantense a alerta vermella (no litoral coruñés) e laranxa no resto.
En Marea asegura que non apoiará un goberno no que estea Ciudadanos, ao que cualifican de "PP 3.0" e que defende a "continuidade das políticas do PP". Mantén a "man tendida" ao PSOE pero sinala que a oferta programática presentada polos socialistas é "bastante mellorable" pois non concreta "ningunha cuestión"
En Vigo, ao igual que na Coruña, unha concentración organizada pola Asociación Nós Mesmas protestou contra a LGTBIfobia e a agresión que se produciu esta semana en Compostela.
Tomás Fajardo seguirá como presidente da Federación Galega de Confrarías a pesar de non superar a moción de confianza votada este sábado. 62 votos pediron o seu cese e só 37 o apoiaron. Porén, ao votar só 99 das 126 persoas censadas, Fajardo alega que non se acadou a maioría cualificada que -entende- sería necesaria para esixir a súa marcha.
Unha concentración na Coruña protesta contra a agresión homófoba que esta semana sufriu unha parella en Compostela e denuncia a LGBTIfobia que continúa existindo na sociedade galega.
Tensión no pleno municipal de Noia ao fío da votación dunha moción de rexeitamento á Lei de Acuicultura. O público presente na sala, así coma PSdeG, Marea e BNG lembrárolles aos concelleiros do PP -que votaron a favor do texto- que esta semana rexeitaron no Parlamento galego a retirada da lei. Críticas tamén aos independentes de NOIA, que a semana que vén apoiarán unha moción de censura que lle dará o Goberno municipal ao PP
Marea Atlántica negociará os orzamentos municipais con todos os grupos, tras non acadarse un pacto co PSOE. O obxectivo é levar o proxecto de orzamentos ao pleno a comezos de marzo
O senador José García Buitrón e militantes dos círculos das cidades dirixirán Podemos Galicia ata a celebración de primarias, previstas para despois do verán. García Buitrón destaca que "viviamos nunha parálie e, se continuásemos así, tería efectos negativos nas autonómicas"
A Xunta propón situar a nova Cidade da Xustiza de Vigo no edificio do antigo Hospital Xeral. O Goberno en funcións debería ceder o edificio da Tesourería e o Concello decidir un cambio de usos da parcela. Caballero afirma que estudará a proposta "con atención"