Un xulgado condena o Concello de Santiago a readmitir a unha exasesora do PP que denunciou o consistorio despois de que o seu partido prescindise dos servizos que viña exercendo dende os anos 90. Cóntao La Voz
Fálase
VÍDEO Rajoy evita desvelar a que debates electorais acudirá: "A nadie le apetecen debates", di nunha entrevista na Cadena SER
O desemprego descendeu en 83.599 persoas en abril, ata as 4.011.171; en termos desestacionalizados, a redución é de 8.329. Hai, igualmente, 158.038 afiliados/as máis á Seguridade Social. En Galicia hai 3.644 desempregados/as menos, deixando a cifra total en 228.153, e 2.808 traballadores/as máis.
Carme Adán renuncia a encabezar a lista do BNG por Pontevedra nas eleccións xerais. Faino pola "coherencia" de non poder representar este proxecto, despois de que a asemblea da formación rexeitara a proposta de explorar unha confluencia máis ampla.
Os concellos gallegos ingresan 300 euros menos por habitante que a media estatal. As razóns: impostos máis baixos (reciben polo IBI 110 euros por debaixo da media) e menores transferencias do Estado central (55 euros menos)
Faro de Vigo entrevista a Alberto Núñez Feijoo, que di que "A Galicia non lle interesa meterse no lío da política nacional" e asegura confiar en que o PP pode acadar a maioría absoluta, fixando a abstención e a fuga de votos a Ciudadanos como principais problemas para a formación.
Ted Cruz abandona as primarias republicanas, deixando o camiño aberto para a nominación de Donald Trump, que xa só compite con Kasich. Sanders gaña en Indiana, pero ten xa practicamente imposible superar a Clinton.
O Goberno catalán prepara unha nova lei contra a pobreza para deixar sen efectos prácticos a suspensión promovida polo Goberno central
O Básquet Coruña derrota con claridade o Breogán (99-63) e xogará contra o Melilla as semifinais do play-off de ascenso á ACB. O Ourense Baloncesto perdeu ante o Burgos e queda eliminado, aínda que ten praza asegurada na máxima categoría
A débeda de IU queda fóra das negociacións con Podemos para a confluencia. De formarse, a candidatura non botaría man de financiamento bancario. As dúas formacións inician a redacción dun programa común de mínimos