Carlos Callón responde a Fernán Vello a través dun vídeo e nega que definise como "inútiles" os deputados de En Marea.
Fálase
O turismo de Galicia perde competitividade e baixa ao décimo posto autonómico. En 2011 era a oitava comunidade neste ránking.
Méndez Romeu dimitirá como voceiro parlamentario do PSdeG e rexeita a oferta de Leiceaga, que lle pediu que continuase no seu posto. O socialista podería anunciar a súa decisión esta mesma mañá.
O fiscal pide para 16 mariñeiros tres anos de cárcere tras participar nunha manifestación en Vigo. Acúsaos de queimar unha bandeira da UE, ferir policías e causar desordes.
Rivera retruca a Rajoy que "hay que venir llorado de casa" ante as críticas ao primeiro vídeo electoral de Ciudadanos
VÍDEO Rajoy complementa o seu chío sobre a "situación política" cun vídeo sobre as "liñas vermellas" cara ao 26-X
Unidos Podemos superaría o PSOE en votos e impediría que a suma de PP e C's puidese gobernar, segundo unha enquisa para o ABC. A coalición obtería máis do 22% dos votos.
A Xunta adxudica por 266.000 euros os seus valos publicitarios para o que resta de ano electoral. O contrato implica algo máis dun cento destes soportes publicitarios cada mes.
Fernán Vello contesta ás críticas de Carlos Callón á actividade de En Marea no Congreso. Di que "se equivoca de inimigo" e que "mente" ao cualificar de "lacazáns" os deputados galegos da coalición nunha publicación en Facebook.
O PSOE agárrase á "milagre" das eleccións galegas de 2005. Os dirixentes socialistas poñen o exemplo da derrota de Fraga ante PSdeG e BNG para confiar nun goberno de Sánchez, segundo conta Público.