A coalición Unidos Podemos-PSOE é a preferida para gobernar, segundo unha enquisa para a SER. O 'sorpasso' estaría garantido segundo este inquérito, que mantén o PP como a formación máis votada.
Fálase
O alcalde de Muxía ameaza con deixar o PSdeG xunto a toda a súa agrupación. Félix Porto negouse a constituír o pasado sábado a mesa para participar nas primarias socialistas.
Sanidade pechará 950 camas durante o verán. O Sergas asegura que só son as camas "que non se van usar" e di que estarán dispoñibles se fosen necesarias.
Carlos Callón responde a Fernán Vello a través dun vídeo e nega que definise como "inútiles" os deputados de En Marea.
O turismo de Galicia perde competitividade e baixa ao décimo posto autonómico. En 2011 era a oitava comunidade neste ránking.
Méndez Romeu dimitirá como voceiro parlamentario do PSdeG e rexeita a oferta de Leiceaga, que lle pediu que continuase no seu posto. O socialista podería anunciar a súa decisión esta mesma mañá.
O fiscal pide para 16 mariñeiros tres anos de cárcere tras participar nunha manifestación en Vigo. Acúsaos de queimar unha bandeira da UE, ferir policías e causar desordes.
Rivera retruca a Rajoy que "hay que venir llorado de casa" ante as críticas ao primeiro vídeo electoral de Ciudadanos
VÍDEO Rajoy complementa o seu chío sobre a "situación política" cun vídeo sobre as "liñas vermellas" cara ao 26-X
Unidos Podemos superaría o PSOE en votos e impediría que a suma de PP e C's puidese gobernar, segundo unha enquisa para o ABC. A coalición obtería máis do 22% dos votos.