Os premios Peña Novo 2016 distinguen o científico e académico Francisco Díaz-Fierros, o pedagogo e profesor Xosé Manuel Cid e o Concello de Brión. Os galardóns, que chegan á súa vixésimo segunda edición, serán entregados no Castelo de Soutomaior o 30 de xuño.
Fálase
O ministro de Xustiza viaxou á final da Champions convidado por Cerezo, imputado nunha investigación xudicial pola compra dun ático por parte de Ignacion González, ex presidente da Comunidad de Madrid.
CCOO incorreu en fraude de lei ao realizar ata 200 contratos aos seus formadores para cursos. Cinco profesores tiveron centos de contratos temporais na Fundación Formación y Empleo de Euskadi.
A coalición Unidos Podemos-PSOE é a preferida para gobernar, segundo unha enquisa para a SER. O 'sorpasso' estaría garantido segundo este inquérito, que mantén o PP como a formación máis votada.
O alcalde de Muxía ameaza con deixar o PSdeG xunto a toda a súa agrupación. Félix Porto negouse a constituír o pasado sábado a mesa para participar nas primarias socialistas.
Sanidade pechará 950 camas durante o verán. O Sergas asegura que só son as camas "que non se van usar" e di que estarán dispoñibles se fosen necesarias.
Carlos Callón responde a Fernán Vello a través dun vídeo e nega que definise como "inútiles" os deputados de En Marea.
O turismo de Galicia perde competitividade e baixa ao décimo posto autonómico. En 2011 era a oitava comunidade neste ránking.
Méndez Romeu dimitirá como voceiro parlamentario do PSdeG e rexeita a oferta de Leiceaga, que lle pediu que continuase no seu posto. O socialista podería anunciar a súa decisión esta mesma mañá.
O fiscal pide para 16 mariñeiros tres anos de cárcere tras participar nunha manifestación en Vigo. Acúsaos de queimar unha bandeira da UE, ferir policías e causar desordes.