ENQUISA TVG: PP 117-121, Unidos Podemos 91-95, PSOE 81-85, Cs 26-30. Unidos Podemos e PSOE sumarían maioría absoluta, segundo a enquisa para a canle pública.
Fálase
Ana Pontón chama a votar "con ilusión, con convicción e con esperanza no futuro, para que o resultado sexa positivo para os retos que como sociedade temos por diante". A portavoz nacional do BNG votou en Santiago acompañada polo cabeza de lista pola Coruña, Carlos Callón.
Rajoy vota e anuncia que España "será o que os españois queiran que sexa". Berros enfrontados de "presidente" e "sí se puede" no momento da votación do presidente do Goberno en funcións.
Atacada a sede do Partido Comunista en Madrid con pedradas e pintadas fascistas. "Rojos al paredón, asesinos", podía lerse nalgunha das mensaxes escritas.
Pedro Sánchez anima a votar para que o goberno teña "a máxima lexitimidade posible". O líder do PSOE vén de exercero seu dereito ao voto en Madrid.
Leiceaga anima os cidadáns a "votar de forma masiva". Ángela Rodríguez, candidata de En Marea, di que hoxe "váiselle gañar á tristeza". Gómez Reino pide votar "con esperanza".
Albert Rivera chama a votar "especialmente á xente moderada". "É importante ir votar, xa vimos o que vén de pasar no Reino Unido", di o líder de Ciudadanos.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, votou xa neste 26-X. O número un de Ciudadanos pola Coruña anima a votar "con cabeza" e espera non ter que volver "axiña" ás urnas.
Case a metade dos médicos galegos estarán xubilados dentro de dez anos. Catro de cada dez teñen xa máis de 55 anos.
Máis gravacións de Fernández Díaz confirman que buscou utilizar o poder xudicial para afundir rivais políticos. Novas revelacións saen hoxe publicadas no diario Público.