'Praza Pública' non se actualiza as fins de semana de agosto por descanso do persoal. Volvemos o luns!
Fálase
Albert Rivera acudirá a sete actos electorais en Galicia e ao peche de campaña Ciudadanos, que hoxe presentou os cabezas de lista para o 25S e instou os galegos a "non conformarse" coa precariedade laboral.
O BNG propón crear embaixadas comerciais para promover o comercio galego no exterior. Pontón reclama a transferencia das competencias do Estado en materia comercial.
En Marea defende o seu proxecto político fronte a "un Feijóo de cartón pedra". A formación presenta a súa candidatura pola provincia de Pontevedra e censura un presidente da Xunta que fai "política de propaganda".
Leiceaga alerta de que Galicia "está indo a menos" coas políticas de Feijóo. O candidato socialista lembra que no país hai "menos residentes e menos emprego" desde que goberna o PP.
O Consello de Estado de Francia suspende a prohibición do burkini. "O decreto recorrido supuxo un ataque grave e manifestamente ilegal contra as liberdades fundamentais: a liberdade de circulación, a de conciencia e a liberdade persoal", sinala a institución
O Celta xogará contra Ajax, Standard de Liexa e Panathinaikos, na fase de grupos da Europa League. O retorno dos celestes á competición europea, dez anos despois, producirase o vindeiro 15 de setembro
Pablo Iglesias di estar "orgulloso de ter cedido" ao integrarse Podemos en En Marea. O líder da formación morada di estar tamén "orgulloso de ter axudado" a que o seu partido "cedese" nas negociacións para a candidatura. Afirmouno nunha entrevista na SER.
O pasado mércores caeron máis de sete mil raios sobre Galicia. Este vídeo en timelapse recolle o efecto sobre a cidade de Pontevedra
Este sábado cúmprense 80 anos do asasinato dos alcaldes de Vigo e Lavadores, Emilio Martínez Garrido e José Antela Conde. Os rexedores foron fusilados no cemiterio de Pereiró xunto con outros militantes socialistas. Máis de 30 alcaldes republicanos foron asasinados en Galicia entre 1936 e 1939