#onosoderbi Finaliza o derbi cun claro triunfo do Celta por 4-1 fronte ao Dépor. Os goles vigueses foron de Hugo Mallo, Iago Aspas e Orellana e polo Dépor anotou Raúl Albentosa.
Fálase
#Onosoderbi Chega o descanso con empate a 1 gol entre Celta e Dépor. O tanto vigués foi obra de Hugo Mallo e o coruñés, de Raúl Albentosa.
Caballero atribúe a absoluta de Feijóo ao "non" do PSOE a Rajoy. "Pasei a maior parte da miña vida en ditadura e perseguido, que ninguén me acuse de non ser de esquerdas", dixo o alcalde de Vigo antes de participar no Comité Federal do PSOE. En directo, en eldiario.es
Estas son as formacións iniciais de Celta e Dépor n'#onosoderbi, este mediodía en Balaídos.
En Marea e PSdeG confirman que se reunirán co BNG para tecer a "fronte común" pola transferencia da AP-9, segundo confirman fontes parlamentarias a Praza.gal Descoñécese polo momento se o PP estará na xuntanza proposta por Pontón, á que acudirán Villares e Leiceaga. O traspaso da autoestrada figurou no programa de todas as forzas parlamentarias e o Goberno de Rajoy tenta bloquealo baseándose en cálculos erróneos sobre un eventual rescate.
Este mediodía celébrase na Coruña a manifestación por unha lei galega de identidade de xénero. A convocatoria impúlsana seis entidades de defensa dos dereitos LGTBI e apóiana diversas organizacións políticas e sociais.
Seguen as listas de espera en farmacias galegas para adquirir a vacina da meninxite B para a infancia. Cóntao Faro de Vigo
O PSOE celebra o comité federal no que, previsiblemente, darán luz verde á abstención que permitirá un novo goberno de Rajoy
Persoas imputadas na 'operación Jaro' denuncian padeceren unha "indefensión xurídica absoluta" e advirten de "vulneracións na cadea de custodia" das probas do proceso, que derivou na ilegalización de Causa Galiza. Afirmárono nunha rolda de prensa que recolle Europa Press
O alcalde de Katowice (Polonia) recolle en Santiago o testemuño da organización do Womex, que se celebrará alí en 2017. A feira de músicas do mundo conclúe esta fin de semana na capital galega.