Pedro Sánchez confirma que acudirá á sesión de investidura e votará "non a Mariano Rajoy". Así o vén de sinalar o ex-secretario xeral do PSOE pouco despois de que o voceiro do partido instase a acatar a abstención. Non detalla como actuará na votación definitiva, o sábado.
Fálase
O voceiro do PSOE no Congreso advirte aos membros do grupo de que "non cabe liberdade de voto nin abstención mínima" na investidura de Rajoy. Advírteo nun escrito que detalla eldiario.es
Avogados da marca de cervexas Mahou piden a En Marea que "modifique" o seu logotipo para "evitar a confusión", segundo recolle a axencia Europa Press na súa web
O presidente do Parlamento realizará o venres a rolda de consultas previa á terceira investidura de Feijóo. Nesa xornada celebrarase tamén a primeira xuntanza da nova Mesa da Cámara.
A comunidade educativa está chamada a unha folga este mércores en protesta polas reválidas e a LOMCE. Pola tarde, ademais, están convocadas concentracións e manifestacións en todas as cidades galegas
O PSC ratifícase no seu non a Rajoy. O consello nacional do partido aprobou a posición por 241 votos a favor e unha soa abstención.
Rajoy tentará sumar ao PSOE ao seu pacto con Ciudadanos, destaca eldiario.es na súa portada. A partirdas 18 horas o candidato do PP exporá no Congreso o seu programa de gobernabilidade e o sábado pola tarde será investido presidente
A nova investidura de Rajoy comezará este mércores ás 18:00 e Rajoy será elixido presidente polo Congreso, previsiblemente, o vindeiro sábado. Así o vén de confirmar a presidenta do Congreso despois de que o líder do PP evidenciase que acepta a formación de goberno.
Pecha a histórica empresa téxtil Caramelo. A propiedade da firma, o grupo Inveravante de Manuel Jove, presentou a proposta de liquidación esta mañá nos xulgados mercantís da Coruña. A compañía presentara concurso de acredores en 2013. Máis información, hoxe en Praza.
O PP e Manuel Martínez (ex-PSdeG) bloquean todos os asuntos do pleno da Deputación de Lugo. Fixérono para protestaren porque o presidente tramitou unha moción como rogo. Unha das iniciativas rexeitadas estaba vinculada aos bombeiros provinciais. Recólleo El Progreso