A Fundación Franco profire ameazas tras aprobar o Congreso investigar o seu financiamento. O colectivo que enxalza a figura do ditador advirte o deputado de En Marea Antón Gómez-Reino, autor da proposta, de que "se hai que volver pasar, pasaremos".
Fálase
PP e PSOE reúnense "para falar da Coruña", segundo fontes de ambos os dous partidos, que aseguran que non falaron dunha posible moción de censura a Xulio Ferreiro. O encontro foi iniciativa da voceira municipal do PP, Rosa Gallego, e polos socialistas participaron Florencio Cardador (presidente da xestora local do partido) e José Manuel García (novo voceiro municipal)
O Goberno precariza os contratos de milleiros de investigadores e investigadoras predoutorais sen avisar e con efecto retroactivo. Contratos de obra e servizo pasan a ser de prácticas, o que implica -segundo os sindicatos- non ter indemnización nin tarxeta sanitaria europea e evita que se poida reclamar unha relación laboral indefinida.
O gobernador do Banco de España aposta por atrasar máis a idade de xubilación. Pediuno durante a súa comparecencia na comisión parlamentaria que estuda o futuro do sistema público de pensións
Feijóo delega o despacho dos asuntos da Presidencia en Alfonso Rueda polo nacemento do seu fillo, fórmula empregada ata agora durante as viaxes do presidente ao estranxeiro. O decreto non fixa a data de reincorporación do titular da Xunta , que xa avanzou que non se acollerá á licenza por paternidade, ampliada este ano a catro semanas.
Trump desmárcase da aposta por dous Estados para Israel e Palestina e limítase a pedir que o goberno israelí "conteña un pouco" os seus asentamentos en zonas ocupadas
A responsable do programa do CSIC sobre demografía coida que o plan demográfico da Xunta "bate contra a evidencia científica". Recólleo Faro de Vigo
As esculturas do Mestre Mateo na Catedral de Santiago, agora dixitais e en 3D. A Fundación Catedral de Santiago vén de promover a dixitalización de nove pezas pertencentes á histórica exposición que xunta unha ducia de obras do artista para "documentar o seu estado" e "ofrecer garantías adicionais de conservación". O traballo realizouno a empresa de enxeñaría tridimensional Dogram.
O Goberno central desvincula da súa traxectoria política o nomeamento de Fernández de Mesa en Red Eléctrica. O deputado de En Marea Antón Gómez-Reino reprocha ao ministro Montoro o novo cargo do ex-director xeral da Garda Civil nun tenso pleno.
O gobernador do Banco de España recomenda adiar a idade de xubilación máis aló dos 67 anos. Na súa intervención no Congreso, Luis María Linde afirma tamén que sería positivo "estender" a incidencia dos fondos privados de pensións para "complementar" os recursos públicos