O candidato da esquerda, Lenín Moreno, gaña as eleccións no Ecuador co 39% dos votos. Se ao remate do reconto non acadou o 40% terá que se enfrontar a Guillermo Lasso na segunda volta a comezos de abril.
Fálase
A AELG homenaxea a Rosalía no Panteón de Galegos Ilustres coa lectura de poemas da escritora nun acto no que Ledicia Costas leu o manifesto da asociación.
Centos de persoas reclaman nas cidades galegas "salarios e emprego dignos". As cidades acolleron as marchas convocadas por UGT e CCOO, que tiveron un "escaso seguemento".
Rajoy prepara unha oferta sen referendo para Catalunya. Basearíase en máis competencias autonómicas e reivindicacións pendentes en infraestruturas, segundo conta El País.
Barcelona acolle a "manifestación máis grande de Europa" polos refuxiados. Os organizadores falan de medio millón de persoas e a Guárdia Urbana, de 160.000.
Vítimas de Angrois piden a Feijóo reunirse con el no día que se volve debater sobre unha comisión de investigación parlamentaria. A plataforma xa solicitara unha xuntanza con Rajoy.
A Federación de Asociacións de Ilustradores Profesionais apoia o autor do cartel do Entroido na Coruña e lembra que a festa "persegue uns valores totalmente contrarios á doutrina católica". Mentres, o PPdeG e a Asociación de Viúvas de Lugo manteñen as súas críticas.
Celébrase arestora en Santiago o pleno extraordinario de orzamentos, que prevén ser aprobados co voto a favor de Compostela Aberta e BNG. Máis información, esta mañá en Praza #Orz17SCQ
Irene Montero substituirá a Íñigo Errejón na portavocía de Podemos no Congreso. O Consello Cidadán deste sábado definirá a nova dirección do partido.
Xulgan un delegado da CIG por "ultraxe á bandeira española". A Fiscalía pide unha multa de case 2.000 euros tras unha protesta durante o conflito da concesionaria de limpeza en dependencias militares en 2014.