A Audiencia da Coruña confirma "integramente" a condena a 7 anos de inhabilitación para o ex-concelleiro de Seguridade de Santiago. O ditame considera probado que Albino Vázquez (PP) trazou un plan para afastar do seu posto o xefe da Policía Local. "O acusado designou como xefe accidental da Policía Local a un funcionario en quen non concorrían os requisitos legais" para "prexudicar o denunciante", informa o TSXG.
Fálase
BNG e Marea Pontevedra achegan posturas cara a un acordo de gobernabilidade "máis estable". Tras un tenso inicio de mandato, ambas formacións achegaron posturas nas últimas semanas, despois da aprobación dos orzamentos municipais co voto a prol do Bloque e a abstención da Marea. Cóntao Pontevedra Viva
O alcalde de Friol diríxese ao embaixador de España no Vaticano para protestar polo traslado do crego que a veciñanza da vila lucense rexeita con diversas mobilizacións dende hai semanas. Recólleo El Progreso. Na imaxe, a protesta deste domingo (José Antonio Paz).
O candidato da esquerda, Lenín Moreno, gaña as eleccións no Ecuador co 39% dos votos. Se ao remate do reconto non acadou o 40% terá que se enfrontar a Guillermo Lasso na segunda volta a comezos de abril.
A AELG homenaxea a Rosalía no Panteón de Galegos Ilustres coa lectura de poemas da escritora nun acto no que Ledicia Costas leu o manifesto da asociación.
Centos de persoas reclaman nas cidades galegas "salarios e emprego dignos". As cidades acolleron as marchas convocadas por UGT e CCOO, que tiveron un "escaso seguemento".
Rajoy prepara unha oferta sen referendo para Catalunya. Basearíase en máis competencias autonómicas e reivindicacións pendentes en infraestruturas, segundo conta El País.
Barcelona acolle a "manifestación máis grande de Europa" polos refuxiados. Os organizadores falan de medio millón de persoas e a Guárdia Urbana, de 160.000.
Vítimas de Angrois piden a Feijóo reunirse con el no día que se volve debater sobre unha comisión de investigación parlamentaria. A plataforma xa solicitara unha xuntanza con Rajoy.
A Federación de Asociacións de Ilustradores Profesionais apoia o autor do cartel do Entroido na Coruña e lembra que a festa "persegue uns valores totalmente contrarios á doutrina católica". Mentres, o PPdeG e a Asociación de Viúvas de Lugo manteñen as súas críticas.