Un milleiro de persoas manifestáronse en Chapela, Redondela, en repulsa polo asasinato machista que tivo lugar na localidade esta semana
Fálase
O pleno da Deputación de Ourense insta a Xunta a aprobar un plan para frear a extensión da praga da couza da pataca e a non agardar á posta en marcha de medidas por parte do Ministerio
El Diario explica as claves da liberalización do sector da estiba, cuxo proceso iniciou este venres o Goberno, e para a que necesita o apoio doutros grupos no Congreso. Os traballadores e traballadoras iniciarán unha folga o vindeiro 6 de marzo.
Unha colección de 40 filmes galegos nomeados aos Mestre Mateo está dispoñible dende hoxe para ver online en Filmin. Así o vén de anunciar a Academia Galega do Audiovisual.
O Celta enfrontarase ao Krasnodar ruso nos oitavos de final da Europa League. O partido de ida xogarase en Balaídos.
A Fiscalía reitera que non ve "inimizade" cara a Baltar por parte da xuíza que investiga o seu presunto ofrecemento de emprego por sexo. Cóntao a edición ourensá de Faro de Vigo. O líder do PP de Ourense e mais o seu pai, tamén imputado no caso, recusaron a maxistrada que instrúe o proceso.
O Porto da Coruña fixa en seis meses a suspensión da poxa dos terreos da Solana. Cóntao La Opinión
O risco de fuga e a duración da pena, claves para decidir se un condenado a cárcere como Urdangarín vai ou non a prisión provisional. Unha análise en eldiario.es ao fío do caso do cuñado do rei, condenado a 6 anos no caso Nóos.
Un épico Celta volve facer historia en Europa tras gañar 0-2 ao Shakhtar e clasificarse para os oitavos da Europa League
Miguel Blesa e Rodrigo Rato, condenados a 6 e 4 anos de cadea no caso das tarxetas black de Caja Madrid. A Audiencia impón tres anos e dous meses de prisión ao galego Francisco Moure Bourio, que gastou máis de 120.000 euros cos cartóns opacos, e un ano e dous meses a Alejandro Couceiro, tamén de orixe galega. Consulta aquí a sentenza íntegra.