VÍDEO | A Mesa impulsa a recollida de sinaturas para a súa ILP a prol dos dereitos lingüísticos cunha campaña que apela a "cargarse de sentido común". Recolleuno Nós TV
Fálase
Alejandro Quiñoá, novo presidente da Coordinadora Galega de ONGD. Delegado en Galicia da Asemblea de Cooperación pola Paz, colle o relevo de Gema Filgueira despois de seis anos como máxima representante da organización. As incorporacións de AIDA e Semilla para el Cambio elevan a 45 o número de entidade que conforman a CONGD
Masivas manifestacións en Chile piden a fin do sistema privado de pensións, instaurado por Pinochet en 1981, que obriga a entregar un 10% dos salarios a entidades privadas e que ten como resultado prestacións cunha contía moi baixa. Centos de milleiros de persoas participaron nas marchas en todas as cidades do país
Unha curta galega, premiada no CineGlobe, o festival de cinema e ciencia organizado polo CERN. Einstein-Rosen, dirixido por Olga Osorio, está ambientado no ano 1982 e conta a historia de dous irmáns despois de que o máis pequeno aegure ter atopado un burato de verme
Galicia quedará sen fiscalía anticorrupción porque "non é unha das prioridades deste goberno", afirmou en entrevista coa Cadena Ser o presidente da Unión Progresista de Fiscais, Álvaro García Ortiz. Ademais, denunciou que se producen "presións políticas" durante a investigación de casos de corrupción que afectan a cargos públicos.
Máis de 500 persoas detidas en Rusia, entre elas o líder opositor Alexéi Navalni, en marchas contra a corrupción
A segunda xornada da Asemblea Nacional do BNG comezou nun "ambiente festivo" co debate de emendas e intervencións en pleno da militancia como paso previo á votación final dos documentos políticos do encontro
Susana Díaz fai oficial en Madrid a súa candidatura co apoio de Felipe González, Guerra, Zapatero, Bono, Rubalcaba, Chacón e os presidentes autonómicos socialistas. A andaluza pon distancia con Podemos: "unha cousa é pactar con outro partido e outra é entregar o PSOE ou imitar o modelo do outro". Pedro Sánchez tamén se rodea de milleiros de persoas en Valencia destacando que "o PSOE debe elixir entre ser un partido do século XX ou do XXI"
Integrantes da Plataforma de Vítimas do Alvia entréganlle a Felipe González e José Luis Rodríguez Zapatero a petición para que se cree no Congreso unha comisión de investigación sobre o sinistro, e demandándolles o apoio do PSOE, que nos últimos dous anos vetou en varias ocasións esta proposta